08/04/08

Selección para o Campionato de España.

Cada Universidade poderá inscribir ata seis xogadores, coas seguintes condicións:

Cada Universidade poderá presentar entre un (1) e tres (3) participantes, dos cales un, polo menos, deberá acreditar estar incluído nas listas de Elo FEDA ou de Elo FIDE no momento de realizar a inscrición.

Actualmente disputándose o Torneo Universitario que debe determinar cales son estes tres xogadores.

Ademais, cada Universidade poderá inscribir ata un máximo de dous (2) universitarios que acrediten, na lista de Elo FIDE en vigor no momento de realizar a inscrición, unha puntuación igual ou superior a 2.150 puntos.

Aberto ó prazo de presentar candidaturas ata o día 15 de abril. Contase polo de agora con Antonio Pazos e Walter López.

Cada Universidade poderá inscribir tamén unha xogadora incluída nas listas de Elo FEDA ou de Elo FIDE no momento de realizar a inscrición.

Aberto ó prazo de presentar candidaturas ata o día 15 de abril. Contase polo de agora con Brenda Siso.

As Universidades poderán inscribir, aos efectos do disposto na convocatoria oficial dos Campionatos de España Universitarios, un Capitán/ Delegado.

Contase polo de agora con Luis Carlos Martínez.