02/03/10

CAMPIONATO GALEGO UNIVERSITARIO DE XADREZ 2010

A Coruña, 9 de marzo.
ORGANIZA: Vicerreitoría de Cultura e Comunicación (Área de Deportes).
LUGAR: Campus de Elviña.

REGULAMENTO

1. PARTICIPANTES:
Poderán participar neste campionato tódolos membros das comunidades universitarias (estudantes, persoal de administración e servizos e persoal docente e investigador, sen ningún límite de idade) das Universidades de Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña.

2. INSCRICIÓNS:
Ata as 14 horas do 5 de marzo a través dos servizos de deportes das tres universidades participantes.
As Universidades de Santiago e Vigo remitirán as súas inscricións á Área de Deportes da Universidade da Coruña vía fax (981 167 163) ou por correo electrónico (deportes@udc.es) o mesmo día 5 de marzo.
Serán os servizos de deportes de cada unha das universidades os que comprobarán a pertenza dos inscritos á súa comunidade universitaria

3. HORARIOS DE XOGO:
11,00 - 12,00 - 13,00 - 16,30 - 17,30 - 18,30

4. CATEGORÍAS:
Haberá dous campionatos galegos universitarios

• Campionato Galego Universitario
• Campionato Galego Universitario de promoción (xogadores/as sen elo)

5. SISTEMA E RITMO DE XOGO:
Suízo a 6 roldas (25 minutos finish).

6. RECLAMACIÓNS:
As posibles reclamacións faranse ante o Director do Torneo (Ernesto Pérez Ramil) polo propio deportista ou polo Delegado.

7. COMITÉ DE COMPETICIÓN:
Nomearase o primeiro día formado por un representante de cada universidade e os árbitros, que tomarán decisións cando sexa preciso.

8. OBSERVACIÓNS:
Todo o non previsto neste regulamento rexirase polas normas da Federación Internacional de Xadrez.