10/03/10
XX Torneo Universitario: Luis Carlos Martínez lidera tras a primeira rolda.
Francisco Dominguez - Jorge Mejuto
A partida entre Fran e Koki, decantouse xa no medio xogo a favor das Brancas. Mentres Koki xogaba "ao toque" Fran foi incrementando a súa ventaxe ata chegar a un final craramente gañado, no que amosou que xogar con pouco tempo non é o seu. O subcampión galego universitario sen ELO necesita algo mais de experiencia en torneos e deixar de facer ilegalidades. Semella mañ acostumado polos torneos amistosos dos venres. Finalmente o resultado foi de táboas.
Jesús Cantero - Pablo Aboy
A primeira partida en rematar, segundo Pablo "chegamos a unha situación crara de táboas", despois de dous minutos de xogo.
Luis Carlos Martínez - Iago García
A derradeira partida en rematar entre o derradeiro clasificado co Campionato Galego Universitario con ELO e o mellor do Campionato Galego Universitario sen ELO. Nesta ocasión Luis Carlos foi quen de impoñerse e pasar así a liderar a proba provisionalmente.