28/05/10

Xosé Luis Veiga gaña o Campionato Galego Universitario para PDI e PAS

Dous representantes da Universidade de Santiago e cinco da Universidade da Coruña participaron nesta proba, que se organizaba por terceiro ano consecutivo.

O Torneo tivo lugar o xoves 27 de maio no Pabillón de Deportes de Elviña, dende as 11,00 e aínda que estaba previsto como sistema suizo, acabou transformándose nunha Liga, o que daba a oportunidade de medirse con todos.

Xose Luis conseguiu a totalidade dos puntos en xogo, aventaxando en dous puntos aos seus inmediatos perseguidores, un grupo conformado por Pablo Sánchez, Pedro Suárez e Marcos Fernández.

A clasificación final foi como segue:

1º. Xosé Luis Veiga. (USC) 6 puntos
2º. Pablo Sánchez. (USC) 4 puntos
3º. Pedro Suárez. (UDC) 4 puntos
4º. Marcos Fernández. (UDC) 4 puntos
5º. Jacobo Lobeiras. (UDC) 2 puntos
6º. Luis Carlos Martínez. (UDC) 1 puntos
7º. Carlos Hugo González. (UDC) 0 puntos