22/10/10

Circuito de Apertura.

Ao escomezar esta semana as actividades da Escola Universitaria de Xadrez, ponse en marcha o "Circuito de Apertura" que desenvolverase de hoxe ata o Nadal.
Como no curso pasado será unha mezcla de partidas normais e partidas de variantes.
Desenvolverase no Centro Universitario de Riazor os venres de 19,30 a 20,30.

Calendario
22 outubro.- Torneo de rápidas de xadrez normal
29 outubro.- Torneo Coruñés de FischerRandom

05 de novembro.- Torneo de rápidas de xadrez normal
12 de novembro.- Torneo de Xadrez Atómico
19 de novembro.- Torneo de rápidas de xadrez normal
26 de novembro.- Torneo de Rapidas con sorteo de aperturas.

03 de decembro.- Torneo de rápidas de xadrez normal
10 de decembro.- Torneo de Xadrez Amazona
17 de decembro.- Torneo de de rápidas de xadrez normal

As modalidades poden verse no libro “O Taboleiro Lúdico”, editado por AGAX na Colección de Libros de Peto de Asencudega.

1.- Os torneos disputaranse por Liga ou suízo a 5 roldas. Inscripcións limitadas pola sala.
2.- Ritmo de xogo de 5 minutos por xogador.
3.- Cota de participación de 2 euros por participante e torneo. Os membros da comunidade universitaria da Coruña, socios do CIDU e socios de AGAX desconto do 50%.
4.- O campión de cada torneo recibirá unha camisola de agasallo.
5.- Realizarase unha clasificación da totalidade do circuíto. Os participantes recibirán puntos segundo a súa clasificación e o número de participantes. Os tres primeiros clasificados ao final do circuíto recibirán un trofeo.
6.- Ademais pola súa participación, haberá agasallos segundo o número de torneos xogados.

Torneos Xogados e Agasallos por participar (sumaranse aos do Circuito do primeiro semestre de 2011):

4.- Pin do CIDU
8.- Pin e carteira do CIDU
12.- Pin, carteira e reloxo do CIDU
16.- Pin, carteira, reloxo e bolsiño do CIDU
20.- Pin, carteira, reloxo, bolsiño do CIDU e camisola de AGAX