22/11/10

Temporada 2010-2011

As actividades previstas polo CIDU para esta temporada 2010-2011 son basicamente as do ano pasado.

Liga Galega de Xadrez
Participación con dous ou tres equipos.
A idea inicial é a de fusionar rapaces do CIDU e do Sigrás nun club novo que traballe cara a integración das dúas entidades. Este equipo ao que algúns dos rapaces chaman CIGRAS pode que xogue este ano a Liga na Coruña e os escolares en Sigrás, repetindo o acontecido nos últimos tempos.

Clases - escola
As clases do CIDU son as que organiza a Area de Deportes da Universidade da Coruña.
Neste curso, como os pasados as clases desenvolvense dous días a semana:

* Mércores de 19,30 a 21,00
Pavillón de Deportes da Universidade
Campus de Elviña
Responsable: Antonio Pazos e Walter López (turnándose)

* Venres de 19,30 a 21,00
Centro Universitario de Riazor (antiga Escola de Empresariais)
Campus de Riazor
Responsable: Ernesto Pérez

Outras competicións
O Club organiza prácticamente tódolos venres do ano un torneo de rápidas creando circuítos. Actualmente está en Xogo o Circuíto Apertura.
* Venres de 20,30 a 21,30
Centro Universitario de Riazor (antiga Escola de Empresariais)
Campus de Riazor
(pode cambiar segundo calendario lectivo)

Participación na Copa Galicia

O Club vai tentar esta temporada a recuperación dalgún dos seus clásicos torneos como a Maratón ou a Semimaratón.

Outros
Confirmada a presenza do CIDU na Asemblea Xeral da Federación Galega de Xadrez, o CIDU optará a unha das prazas de representación dos clubes na Comisión Delegada, onde estivo dende a creación deste órgano de control, sendo o membro mais veterano da mesma.