A disputar en Santiago o vindeiro 15 de marzo.
REGULAMENTO
1. PARTICIPANTES:
Poderán participar neste campionato tódolos membros das comunidades universitarias (estudantes, persoal de administración e servizos e persoal docente e investigador, sen ningún límite de idade) das Universidades da Coruña, Santiago e Vigo.
2. INSCRICIÓNS:
Ata as 14 horas do 10 de marzo no Pabillón de Deportes de Elviña.
3. HORARIOS DE XOGO:
11:00-12:00-13:00-16:30-17:30-18:30
4. CATEGORÍAS:
Haberá dous campionatos galegos universitarios
• Campionato Galego Universitario
• Campionato Galego Universitario de Promoción (xogadoras/es sen elo)
5. SISTEMA E RITMO DE XOGO:
Suízo a 6 roldas (25 minutos finish)
6. COMITÉ DE COMPETICIÓN:
Nomearase o primeiro día formado por un representante de cada Universidade e os árbitros, que tomarán decisión cando sexa posible
7. OBSERVACIÓNS:
Todo o non previsto neste regulamento rexirase polas normas da Federación Internacional de Xadrez.