Os Mestres FIDE do equipo gañan as súas partidas. Tres de tres. Jaime decide que non está ben gañar cun peón de mais e acaba a súa partida en táboas. Luis Carlos logra a victoria na súa partida e nesta ocasión será Pablo Aboy o que non puntúe. 70% de eficacia.
Polémica na primeira mesa. Sen entrar en valoracións parece ser que houbo un problema no reloxo e os arbitros auxiliares e os dous contrincantes chegaron a una decisión sobre que facer. Semella que logo o arbitro principal anulou esta decisión.
Fora o que fora o resultado é que houbo unha reclamación e despois da rolda houbo un retraso de 20 minutos, mentres se reunían a decidir.