BASES III TROFEO INTERNACIONAL DISTRIBUNOSA-GUADALUPE 2011
(Rianxo, 10 de setembro de 2011)
Organiza: Club Xadrez Rianxo e Federación Galega de Xadrez
Patrocina: Distribunosa
Colabora: Xunta de Galicia, Deputación de A Coruña, Deporte Galego, Concello de Rianxo e Festas de Guadalupe 2011
Local de xogo: Pavillón municipal de Rianxo
O Torneo disputarase polo sistema suízo a 7/8 roldas, segundo o número de inscritos
O ritmo de xogo será de 15 minutos + 3 segundos/xogada.
O árbitro principal será Francisco Ogando
O xogador que teña unha incomparecencia sen causa xustificada será retirado do torneo.
Antes do inicio da primeira rolda publicaranse as ordes de forza só ordenadas por ELO FIDE. E só se contempla este elo a efectos de emparellamentos e premios.
Empregarase o programa Swiss Manager para realizar os emparellamentos.
Segundo a regulamentación da FIDE, lémbrase a tódolos xogadores que desconecten os teléfonos móbiles, pois o uso dos mesmos conleva a perdida da partida en xogo do infractor. Asemade está prohibido calquera outro medio electrónico de comunicación.
As decisións do árbitro son inapelables.
Non se permitirá analizar partidas na sala de xogo.
Os sistemas de desempate sortearanse unha vez finalizada a última partida entre as seguintes posibilidades:
o Progresivo, ata as últimas consecuencias.
o Maior número de vitorias.
o Bucholz total
o Variante Brasileña do Bucholz (quitando a peor puntuación)
(*) No desempate do bucholz, aplicarase a variante de ½ punto, nas partidas non disputadas.
O artigo 10.2 non será de aplicación.
Una Rolda feita pública non se poderá modificar, salvo que o árbitro decida outra
cousa.
Se se introduce un resultado mal e se publica a rolda, ista non se modificará a non ser que o árbitro principal decida outra cousa.
Aplicarase o especificado no apéndice A das leis de xadrez da FIDE para xadrez rápido (ACTIVO)
A participación no Torneo supón a aceptación destas bases.
Horario de xogo:
9:30 : Presentación das listas de xogadores
10:00 : Rolda 1ª.
10:50: Rolda 2ª.
11:40 : Rolda 3ª.
12:30 : Rolda 4ª.
16:00 : Rolda 5ª.
16:50 : Rolda 6ª.
17:40 : Rolda 7ª.
18:30 : Rolda 8ª.
De 19:00 h /19:30: Clausura, entrega de premios.
Inscripción: 5 € antes da primeira Rolda no local de xogo
Deberá facerse en escolaxadrezrianxo@gmail.com ou no tlf. 680193289 (só pola mañá) indicando o nome, apelidos, data de nacemento, club e elo fide (da última lista publicada pola FIDE antes do inicio do torneo).
O prazo límite para inscribirse será o xoves 8 de setembro ás 12:00.
Os xogadores do Club Xadrez Rianxo e menores de 16 anos están exentos da cuota.
Permitiranse dous byes de 0 (cero) puntos dentro das catro primeiras Roldas. Para solicitalos haberá que enviar un correo electrónico con “acuse de recibo” que deberá ser validado polo organizador.