2012 para algúns será o ano do fin do mundo. Entre estes agoreiros e a crise esconómica parece que vai ser un ano especial. Aínda que o máis seguro é que a finais de ano esteamos practicamente igual que o empezamos.
Seguindo aos chineses que din que as épocas de crises son momentos para oportunidades, imos tentar desde as nosas entidades asociadas mellorar o noso funcionamento.
Nunha sociedade cada vez máis idiotizada e na que os cretinos e fillos de puta son clara maioría, as entidades sociais temos por diante un traballo de culturización e de difusión de valores bastante arduo.
No que podamos, tentaremos desde as nosas pequenas asociacións facer algo neste sentido. E para iso, se non pertences aos colectivos citados que son hoxe maioría, animámosche a contribuír un pouco máis connosco.
Un saúdo e feliz ano.