06/03/13

Bloques da liga

Despois da séptima xornada da liga galega, os xogadores do CIDU-universidade van acadando bloques de elo fide que dan unha idea aproximada do seu rendemento.

Fran Domínguez:  4 de 4 cunha media de 1740. Entraría con 1796. O 4º elo do clube. A destacar tamén a performance de 2400, aínda que saibamos que cando fas o 100% no é moi fiable.

Manuel García: 1,5 de 5 cunha media de 1791. O bloque é de 1642. Como xa ten un bloque de 7 partidas do ano pasado de 1500 xa entraría con elo na próxima lista.

Dani Codesido: 1 de 3 cunha media de 1691. Bloque de 1571.

Dani Mayo: 0,5 de 3 cunha media de 1652. Bloque de 1379.

Tamén poden facer bloque se puntúan Isidro e Luis Carlos. Pola sua banda Carlos leva 0 de 2 que presumiblemente súmenselle o bloque de 4 partidas de 1500 do ano pasado.

Recordemos que para entrar con elo son necesarias alomenos 9 partidas entre todos os bloques.