09/07/13

Match contra Sigrás

Tivo lugar nas instalación da Rúa Real da Coruña o clásico match CIDU-Sigrás. A confrontación fixouse a 6 taboleiros, a ritmo de xogo dunha hora por xogador.
O primeiro en rematar foi o sexto taboleiro coa derrota contundente local tras 6 minutos de partida. O seguinte foi o quinto, onde o local Florencio González igualou o marcador. Os de Sigrás desequilibraban o encontro no cuarto coa derrota de Dani Codesido ante Xulio López. CIDU lograba igualar de novo coa vitoria de Santiago Domínguez ante Diego Bugliot na segunda mesa. Os veteráns do equipo quedaban como responsables do desenlace do match. Luis Carlos complicou demasiado a sua partida fronte a Campelo, e Ernesto Pérez tiña unha lixeira vantaxe frente a Fran Pedreira que se convertía nun sano pion de máis nun final de dama e torre por bando. Pero na partida de Luis Carlos confirmouse a derrota local. A situación idílica produciuse, como na final da Confederacións de fútbol. Todo dependía do primeiro taboleiro, se Ernesto gañaba, o CIDU gañaba o match por desempate holandés, se non , o CIDU perdía. O alma máter do clube decidiu complicar dando uns xaques por aquí e por acolá, sabendo que a partida non daba mais que taboas, o visitante, bastante correoso, non se deixou amedrentar e amagou un contrataque a sabendas de que lle valían as táboas. O líder do CIDU, con pouco tempo, non poido mais que contentarse coas táboas para non perder a súa partida e os de Sigrás gañaron finalmente o match por 2,5-3,5. 
No tradicional torneo de rápidos postrero impúxose o local Santiago Domínguez con 5 puntos de 5 posibles. Seguido de Javier Campelo e Fran Pedreira con 3,5 e Diego Bugliot con 3.