25/10/13

Torneo por internet e Circuito de Rápidas de Tempo variable

Este curso o inicio vai ser forte; hoxe temos duas actividades para os socios que se acheguen ao CUR, coa derradeira oportunidade de apuntarse ao torneo en liña e o inicio do circuito de tempo variable.

A responsabilidade de ambos torneos e do secretario do CIDU, Santiago Domínguez.

TORNEO EN LIÑA

Poderán participar todos os membros da comunidade universitaria da UDC: estudantado, persoal de administración e servizos, persoal de proxectos e convenios, e persoal docente e investigador.
O torneo dará comezo o 28 de outubro de 2013.
Todos os participantes deberán enviar unha mensaxe ao enderezo de correo electrónico incude@udc.es dende a súa conta @udc indicando o seu nome, apelidos e centro, ata o 25 de outubro.
INCUDE comunicará aos inscritos a plataforma que se empregará para o torneo.
A inscrición é gratuita e non hai límite de prazas. O sistema de xogo será de doble round-robin (todos-contra-todos con ambas cores), cunha única fase definitiva.
O ritmo de xogo será de dous días acumulables por xogada para toda a partida, sen dereito a vacacións.
En ningún caso está permitido empregar módulos, bases de finais, ou consultar a outros xogadores. Si están permitidos libros de aperturas ou libros de calquera outra temática tanto físicos como virtuais. Se a organización entende que un xogador está a empregar módulos, este será expulsado do torneo.
Premios: Trofeo e agasallo para os tres primeiros.
A participación no torneo supón a aceptación das presentes bases.

CIRCUITO DE RAPIDAS DE TEMPO VARIABLE

Este circuito terá a curiosidade de que os primeiros clasificados do mesmo terán menos tempo que os seus rivais que estean na parte baixa da táboa.

Desta forma no primeiro torneo todos xogarán con cinco minutos, pero nos seguintes torneos o tempo se repartirá segundo a diferencia existente na clasificación entre os xogadores, de xeito que poderemos ver partidas de 1 minuto contra 9 segundo que lugar ocupen os contrincantes na táboa.

Todos os torneos serán a cinco roldas, disputándose nas seguintes datas:

25 de outubro
8, 22 e 29 de novembro
13 e 20 de decembro

Serán por tanto seis torneos.

Cota de participación por torneo: 2 euros (1 euro para socios de AGAX ou CIDU)
Premios: Camiseta en cada torneo para o primeiro clasificado.
trofeo para os tres primeiros clasificados do circuito.