24/03/14

A Liga apretada

A victoria do equipo fronte a Xiria lévanos a un final de Liga igoalado. A falta dunha soa xornada o noso equipo vai segundo con medio punto de desventaxe sobre o Gillán, que ven liderando o grupo case toda a temporada.

XIRIA - CIDU 
JOSE MANUEL POSE GARCIA  1/2 - SANTIAGO DOMINGUEZ FERNANDEZ  1/2
ESTEBAN RAPOSO RAMA  1/2 - DIEGO GARCIA-MUÑOZ VAQUERO  1/2
VALENTIN COSTA TRILLO  0 - LUIS EDISON PATIÑO LOPEZ  1
ANTHONY GONÇALVES CUNHA  0 - CARLOS ALBERTO CASTEDO DE CASTRO  1
TOTAL 1 - 3 

O Gillán xoga contra o Exalcoholicos. Equipo que está matemáticamente salvado e ao que gañamos por 4-0, se ben fomos o único equipo que logrou contra eles tantos puntos. No resto de encontros este equipo de exalcoholicos logrou un punto como mínimo e leva 20,5 puntos, os mesmos que Artesanos que foi o único equipo que nos venceu este ano.

Pola nosa banda xogamos co Touriñán, equipo en situación de descenso. Salvo en dous encontros en todos os demais logrou puntuar, perdendo 3-1 contra o Gillán no seu día.

Dous encontros para seguir o vindeiro sábado.