Daniel Codesido quedou segundo no Campionato Galego Universitario de Promoción, para xogadores sen ELO. Empatado a puntos co primeiro posto o sorteo do sistema de desempate determinou a clasificación. Unha pena porque os outros dous posibles criterios eran ventasoxos para o noso xogador.
A expedición da Universidade da Coruña estaba composta por sete xogadores, dos cales so un disputaba o Torneo con ELO e o resto xogaban o campionato de promoción, moito mais numeroso na participación.
Páxina oficial do Torneo na USC.
Campionato Galego de Promoción
1º Paulo Lemos, USC
2º Daniel Codesido, UDC
3º David Dorado, USC
...
6º Diego Medín, UDC
...
11º Daniel Mayo, UDC
12º Jacobo Lobeiras, UDC
...
14º José Manuel Andión, UDC
15º Luis Rodríguez, UDC
ata 53 xogadores
Campionato Galego Xogadores con ELO
1º David Gómez, USC
2º David Pérez, USC
3º Henrique Rey, USC
...
9º Adriano Todaro, UDC
ata 17 xogadores
Por Universidades
1º USC
2º UVigo
3º UDC
Só un punto de diferencia entre a segunda e a terceira universidade.