07/10/14

II Campionato Interno de Xadrez en Liña da Universidade da Coruña


Bases do II Campionato Interno de Xadrez en Liña da Universidade da Coruña


1. Poderán participar tódolos membros da comunidade universitaria da UDC: estudantado, persoal de administración e servizos, persoal de proxectos e convenios, e persoal docente e investigador. Así mesmo poderán participar tamén os membros da escola universitaria de xadrez e os socios de INCUDE e CIDU.

2. A plataforma de xogo será a de www.chess.com. Os participantes deberán ter unha conta, completamente gratuíta, na devandita páxina, e poderán xogar as partidas tanto vía web como nas aplicacións gratuítas para móbil de chess.com.

3. O torneo dará comezo o 15 de outubro de 2014. Todos os participantes deberán enviar unha mensaxe ao enderezo de correo electrónico incude@udc.es indicando o seu nome, apelidos, centro e usuario en chess.com antes do 10 de outubro. Para calquera dúbida ou suxerencia pódese mandar a mesma conta incude@udc.es.

4. A inscrición é gratuíta e non hai límite de prazas.

5. O sistema de xogo será de dobre round-robin (todos contra todos con ambas cores), cunha fase previa de grupos e unha posterior fase final, en función do número de participantes. A fase final, de habela, comezará en canto rematen tódolos grupos da fase previa. En cada grupo xogarase contra tódolos rivais a vez, primeiro cunha cor e logo coa contraria.

6. O ritmo de xogo será de tres días por xogada para toda a partida, con dereito a vacacións.

7. Os sistema de desempate será o empregado por chess.com en primeiro lugar (sonnenberg-berger), e de ser necesario os seguintes desempates aplicados pola organización: (1) sonnenberg-berger, (2) maior número de victorias, (3) maior número de victorias con negras, (4) resultado particular, e (5) sorteo.

7. A organización resérvase o dereito de adxudicar o resultado dunha partida se cre que se está alongando de xeito malintencionado evitando innecesariamente a finalización do torneo.

8. Non está permitido empregar módulos, bases de finais, ou consultar a outros xogadores. Si están permitidos libros de aperturas ou libros de calquera outra temática tanto físicos como virtuais. As decisións da plataforma de chess.com con respecto as trampas son inapelables. Se a organización entende que un xogador está a empregar módulos, este será expulsado do torneo.

10. Premios: Trofeo e agasallo para os tres primeiros.

11. A participación no torneo supón a aceptación das presentes bases.

APÚNTATE Á ESCOLA UNIVERSITARIA DE XADREZ QUE TEN LUGAR TODOS OS MÉRCORES ÁS 19:30 NO PAVILLÓN DE DEPORTES DE ELVIÑA

Para saber máis do resto de actividaes, visita http://incude.udc.es/