24/01/15

Novo circuito de aperturas

Remata un circuito e comeza outro. Desta vez é un circuito de aperturas que consistirá nos seguintes torneos.
- 2 torneos de siciliana (1.e4 c5)
- 2 torneos de gambito de dama (1.d4 d5 2.c4)
- 2 torneos de española (1.e4 e5 2.Cf3 Cc6 3.Bb5)
- 2 torneos de francesa (1.e4 e6)

Para cada apertura se creará un elo AGAX diferente. A clasificación final será a media dos 3 mellores elos.

O primeiro torneo de siciliana xa se celebrou, coa victoria de Santiago Domínguez. Hai que destacar que desta vez a media de elo calculouse para unha media de 1650, máis acorde co nivel medio dos xogadores que van polo CUR.

mapa de Sicilia
A clasificación do torneo, do elo de siciliana e do circuito é a seguinte:

1. Santiago Domínguez 1750
2.Luis Carlos Martínez 1725
3. Ernesto Pérez  1675
4. Carlos Castedo 1650
5. Adrián Martínez 1650
6. Manuel Andión  1625
7. Dani Mayo 1625
8. José Manuel Andión 1625
9. Javier Arias 1600
10. Luis Rodríguez 1575