14/09/17

Curso 2017-2018

Esta semana empeza o novo curso 2017-2018 e dende INCUDE e CIDU queremos reforzar a aposta na actividade formativa de xadrez.

En principio propoñemos nove grupos que funcionarán cun mínimo de 4 participantes.

--- CLASES ---

MÉRCORES, na Normal (Espazo de Intervención Cultural da UDC, antiga Maxisterio).
As actividades empezarán o día 11 de outubro.

17,30 - 18,30: Grupo de Iniciación para calquera idade.
Iniciación no xadrez. Libro de traballo (de balde ao alumno): Iniciación ao xadrez.

18,30 - 19,30: Grupo de Iniciación para alumnos da Universidade Senior.
Iniciación no xadrez. Libro de traballo (de balde ao alumno): Problemas sinxelos II.

20,30 - 21,30: Grupo de Adestramento para participantes na Liga Federada.
Libro de traballo (de balde ao alumno): Medioxogo.

VENRES, no CUR (Centro Universitario de Riazor, antiga Escola de Empresariais)
As actividades empezarán o 22 de setembro.

16,30 - 17,30: Grupo Selección Sub 10 / Benxamín
Grupo seleccionado sub10. Libro de traballo (de balde ao alumno): Problemas sinxelos II.
Integrado polos membros do equipo prebenxamín escolar do curso pasado e outros seleccionados.

17,30 - 18,30: Grupo de iniciación Sub 10
Iniciación no xadrez. Material de traballo: Fichas nivel 1 de AGAX.

18,30 - 19,30: Grupo de iniciación Sub 14
Iniciación no xadrez. Material de traballo: Fichas nivel 1 de AGAX.

19,30 - 20,30: Grupo de Adestramento para participantes na Liga Federada.
Libro de traballo (de balde ao alumno): Guía práctica do xogador de club.

20,30 - 21,30: Curso para profesores, monitores e árbitros.
O curso coordinará material e datas de traballo coa Federación Galega para participar nos cursos de árbitro.

SÁBADOS, no CUR (Centro Universitario de Riazor, antiga Escola de Empresariais)
As actividades empezarán o 23 de setembro.

12,00 - 13,00: Grupo Selección Sub 14 / Infantil
Grupo seleccionado Sub 14. Material de traballo: Fichas nivel 2 de AGAX.
Integrado polos membros do equipo alevín escolar do curso pasado e outros seleccionados.

--- No impreso electrónico de anotación damos a opción de suxerir novos grupos. A partir de 5 asistentes sería prácticamente segura a súa organización.

--- COTAS ---

As cotas seguen mais ou menos como no curso pasado cun pago inicial e unha cota mensual pero que agora se pagará no inicio de cada trimestre.

A) INSCRICIÓN NO CIDU

A.1. Socios que só disputen a Liga Federada (e non participen en nada da escola): 25 euros ao ano.

A.2. Socios que participen na Escola: 10 euros na inscrición.

B) COTAS PERIÓDICAS CLUB ESCOLA

B.1. Socios que participen na Escola nunha actividade semanal: 30 euros ao trimestre.

B.2. Socios que participen na Escola en máis dunha actividade: 60 euros ao trimestre.

--- No caso de alumnos da UDC e outros colaboradores a actividade pode ser de balde en función da colaboración con INCUDE.

INSCRÍBETE NA ESCOLA PREMENDO AQUÍ

--- OUTRAS ACTIVIDADES ---

Torneos de práctica
Cada semana organizaremos dous torneos de rápidas nos que os participantes so terán que pagar 1 euro (de balde para os membros da Escola):

Mércores de 19,30 a 20,30 na Normal (a partir do día 11 de outubro)

Sábados de 13,00 a 14,00 no CUR (a partir do día 23 de setembro)

Torneos abertos
Como en anos anteriores organizaremos diferentes torneos abertos, ao longo de todo o ano.

Actividades de verán
Durante o curso tentaremos organizar un Curso de Verán coa UDC e diferentes minicampus para os rapaces.

Colaboración con Xadrez das Mariñas
Dende hai anos temos unha estreita colaboración varios clubes a través de Xadrez das Mariñas, que neste curso empezará tamén actividades formativas na Coruña en principio os xoves.
Tamén dentro deste grupo Palaestra organiza as clases para socios do Sporting Club Casino que se desenvolven os sábados pola mañán nos grupos de iniciación e o mércores pola tarde para os membros do seu grupo federado.

--- INICIO CURSO ---

Este venres día 15 estaremos no CUR dende as 18,30 para solventar dúbidas.

E para os interesados: Torneo de Partidas Rápidas de 20,00 a 21,00.
(De balde para os inscritos na Escola e 1 euro para o resto)