Inicio confirmado das clases: 23 de setembro.
Horario: Sábado de 12,00 a 13,00
Datas de nacemento: Ano 2004 ou seguintes.
Material de traballo:
* Bolígrafo.
* Fichas de nivel II de AGAX (temario completo PREME).
Ademais os monitores entregarán material aos alumnos para traballar na casa.
Programación primeiro trimestre:
Durante este trimestre ademais das clases se desenvolven diversos torneos; en outubro o Virxe do Rosario, en novembro o Torneo de Outono e en decembro o Torneo de Nadal. Ademais estamos á espera de que se confirme a realización dos Xogos Escolares da Coruña que de ser como o ano pasado serían os venres de 18,00 a 20,00, compatibles con esta actividade.
23 de setembro: Control
30 de setembro: Mates sinxelos, mate de Torre e mate de dama. Exercicios con mates.
7 de outubro: O inicio da partida de xadrez, O desenvolvemento das pezas.
14 de outubro: Conclusión dos principios de aperturas. As partidas curtas.
21 de outubro: Algunhas aperturas coñecidas.
28 de outubro: Control
4 de novembro: O plan de xogo. Posicións que hai que aproveitar.
11 de novembro: Os xaques ao descuberto. A desviación. A atracción.
17 de novembro: O cadrado do peón. A oposición. As casas gañadoras.
24 de novembro: Algúns finais de peóns.
2 de decembro: Problemas de xadrez.
16 de decembro: Control.
Programación segundo trimestre:
Durante este trimestre en xaneiro empeza a liga (xógase os sábados pola tarde dende final de xaneiro a abril), en febreiro o Torneo de Entroido e en marzo hai dous domingos nos que se disputa a fase local do deporte escolar en Cambre (nestas competición o Club xoga baixo a organización do Club Xadrez das Mariñas), a proba na que realmente podemos medir como vai a actividade en canto a nivel de xogo.
13 de xaneiro: Repaso ao primeiro trimestre.
20 de xaneiro: Problemas de xadrez.
27 de xaneiro: Estratexia e táctica. A cravada como tema táctico.
3 de febreiro: O xaque á descuberta e a desviación como temas tácticos.
10 de febreiro: Control.
17 de febreiro: Técnicas de ataque: Rei no centro e sacrificio de alfil en sétima.
24 de febreiro: Técnica de ataque co Mate Philidor.
3 de marzo: Prácticas de ataque.
10 de marzo: Resolución problemas.
17 de marzo: Repaso
24 de marzo: Control. (Diploma nivel II AGAX)
Programación terceiro trimestre:
Durante este trimestre desenvolvense moitos torneos e remata a Liga. Se todo foi ben se disputan as fases seguintes do deporte escolar nos que medirse co restos de clubes da comarca.
A programación estará en función do acontecido ata o momento e publicarase durante a Semana Santa.
Durante este trimestre desenvolvense moitos torneos e remata a Liga. Se todo foi ben se disputan as fases seguintes do deporte escolar nos que medirse co restos de clubes da comarca.
A programación estará en función do acontecido ata o momento e publicarase durante a Semana Santa.