29/11/17

Resultados do Torneo de Outono

Clasificación do Torneo de Outono Idividual.

Absoluta

1 Pablo Leis,   1400  4 11.0 4 7.5 12.5
2 Pedro Tomé,   1580  4 11.0 4 6.0 10.5
3 Noé Pousada García,   1700  3.5 13.0 3 9.0 14.5
4 Sabela Iglesias,   1530  3.5 13.0 3 8.5 14.0
5 Isidoro García,   1500  3 8.5 2 7.5 13.0
6 Daniel Pousada Estévez,   1630  3 8.0 3 7.0 12.0
7 Adolfo Moscoso,     2.5 7.5 1 8.0 13.0
8 Vicente López Fraga,   1630  2.5 7.0 2 8.0 13.0
9 David Pérez,     2 9.0 1 10.5 17.0
10 Roberto Blandón,   1300  2 5.0 1 7.5 12.5
11 Manuel García,   1480  2 4.0 1 7.5 12.5
12 Diego Hernández,   1400  1.5 4.0 1 6.0 11.0
13 Sergio Pousada García,   1400  1.5 4.0 0 6.5 12.0

Sub14

1 Marcos Rial
2 Jacobo López
3 Alba García
4 Xosé Suárez

18/11/17

TORNEOS DE OUTONO DE XADREZ

Nome do Torneo: TORNEOS DE OUTONO DE XADREZ

Datas: 25 e 26 de novembro de 2017.

Lugar: Sporting Club Casino - Rúa Real. A Coruña.

Sábado 25 de novembro.

Teremos dous torneos: Torneo por equipos integrados por 3 persoas e Torneo de Pasapezas (o chamado Mundial de Pasapezas).

Para participar nos torneos do sábado pedimos que cada un dos xogadores achegue algún dos seguintes alimentos aceite, leite, garavanzos, lentellas, fabas, conservas vexetais, conservas de peixe, azucar, fariña, café ou cacao (mellor se o valor está en torno aos 2 euros). Todo o recollido irá para o Banco de Alimentos Rías Altas e a súa recollida anual.

Torneo por equipos.
Horario: 17,00 a 20,00.
Equipos formados por tres xogadores.
Trofeo para os tres primeiros equipos clasificados.

Campionato de Pasapezas.
Horario: 20,00 a 21,00.
Trofeo para a parella vencedora.

Domingo 26

Para participar no torneo do domingo pedimos que cada un dos xogadores achegue algún dos seguintes alimentos aceite, leite, garavanzos, lentellas, fabas, conservas vexetais, conservas de peixe, azucar, fariña, café ou cacao (mellor se o valor está en torno aos 2 euros). Todo o recollido irá para o Banco de Alimentos Rías Altas e a súa recollida anual. Ademais hai unha cota de 1 euro por xogador. A cota irá integramente para a asociación ecolóxica promovida, entre outras entidades, polo CIDU.

Horario: 17,30 a 20,00.
Ritmo de 15 minutos por xogador (17,30 / 18,00 / 18,30 / 19,00 / 19,30)
Dúas categorías: Absoluta e Sub14
Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados das dúas categorías e unha medalla para todos os sub14 participantes.

Hora de entrega de premios aproximada: 20,00.

Partcipantes: Máximo 60

Inscricións: Abertas ata o mesmo sábado 25.

Exclusivamente a través do formulario ligado:

PREME PARA INSCRIBIRSE

ANOTARSE NA NOSA LISTA DE CORREO

Advertencia 1: Dacordo coa lexislación vixente é obrigatorio que o participante teña un seguro de accidentes. Por tanto é obrigatorio contar con licencia federativa de xadrez. Se o xogador interesado non está federado debe informarse das posibles opcións na súa escola de xadrez ou no noso correo. A cota federativa é de so 3 euros ao ano para os menores de 14 anos e de 12 para o resto.

Advertencia 2: Os participantes na proba autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.