31/07/18

PISO XADRECISTAS – ACTIVIDADES.

PISO XADRECISTAS – ACTIVIDADES.

Imos cun novo intento do piso de xadrecistas.

Se xogas ao xadrez e queres participar no noso equipo ou se non xogas pero queres aprender e axudarnos coas nosas actividades, tes aquí esta iniciativa de INCUDE que consiste en favorecer o aloxamento compartido entre xadrecistas universitarios do Campus da Coruña e ao tempo reforzar a actividade da entidade.

Non é necesario contar cun nivel alto de xogo, simplemente participar no equipo de xadrez de INCUDE e colaborar coas actividades da nosa entidade.

PLANTEXAMENTO INICIAL

Piso de tres ou catro habitacións e dous cuartos de baño.

O piso será alugado ao nome das persoas que vaian vivir nel, cun máximo de 150 euros ao mes de alugueiro por cada ao que se sumarían os gastos habituais de subministros.

Destinatarios: O programa vai dirixido fundamentalmente a estudantes maiores de 18 anos e menores de 35 anos con matrícula nalgunha das titulacións oficiais do  campus da Coruña. No caso de existir vacantes poderán solicitar participar nesta actividade exalumnos da UDC menores de 30 anos e outros xogadores do equipo de xadrez do CIDU. En función da organización do vindeiro curso tamén poderán acollerse outros colaboradores de INCUDE e/ou da súa escola de xadrez, neste caso para garntir unha mellor organización.

Duración: Setembro de 2018 a xuño de 2019.

OBRIGAS DOS PARTICIPANTES

+ Federarse e xogar as competicións de xadrez no equipo de INCUDE

+ Dedicar aproximadamente tres horas á semana a actividades da asociación ou a promover as mesmas (por exemplo movendo redes sociais e/ou actualizando contidos na web). Destas tres horas unha será marcada por INCUDE no propio piso como xuntanza de planificación semanal e as outras dúas serán distribuídas libremente polo participante.

APORTACIONS DE INCUDE

* Conexión de Internet no piso. Subministro do que estarán exentos os usuarios.

* Mobiliario en caso de ser necesario.

* Seguros en caso de ser necesarios.

* Outras axudas diversas serán estudiadas en función da actividade que finalmente teña a Escola de Xadrez.

APORTACIONS EXTRAS DE INCUDE

Se o participante o desexa pode ampliar a súa relación con INCUDE e a súa escola de xadrez.

* COLABORADOR DA ESCOLA
Neste caso sendo monitor axudante na Escola de Xadrez e dacordo coa actividade dos anos anteriores, o participante tería que dedicarlle tres horas mais a actividades de INCUDE, sendo dúas horas impartindo clase de iniciación ao xadrez e unha hora de preparación das mesmas no piso. INCUDE asumiría o 50% do gasto de aluguer.

* MONITOR DE XADREZ NOUTROS CENTROS
Durante o ano pasado recibimos solicitudes de diferentes centros educativos que non puidemos atender por falta de monitores, nos que estes centros buscaban a incorporación para actividades extraescolares. Nestes casos por dúas horas á semana o pago está cerca dos 100 euros. En caso de ser de interese do participante INCUDE poría aos centros en contacto cos mesmos.

* BOLSEIRO DA ESCOLA
Neste caso ata finais do mes de setembro non se podería confirmar, unha vez coñecida a demanda real na Escola de Xadrez, nin a súa posta en marcha nin o seu número. A bolsa sería a través da FUAC ou FEUGA. De media xornada dende outubro a maio. Serían 20 horas semanais e cunha retribución de aproximadamente 300 euros ao mes.

OUTROS ASPECTOS

As horas de actividade da Escola van de luns a venres normalmente en horario de tarde dende as 15,00 e os sábados pola mañá de 11,00 a 14,00.

O piso considerase un lugar de residencia pero tamén de traballo. Salvo autorización non estará permitida a presencia doutras persoas alleas a INCUDE.

No piso non se poderá fumar.

O período de proba de convivencia será dun mes.

Debido a que a actividade da escola configurase sobre todo no mes de setembro, en principio está previsto facer a actividade nun só piso. Existe a posibilidade real polas iniciativas que xurdiron ao final de curso de que finalmente sexan dous pisos.

Un dos fins principais do piso e o apoio ás actividades de INCUDE e o denvolvemento de novos proxectos sexan ou non de xadrez (deporte en xeral, actividades de debate, arte, xogos de mesa, esports…) polo que os hobbies e habilidades do participante poden xerar actividades que axuden ao soporte económico desta iniciativa.

A presentación da solicitude para a participación no programa implica a aceptación das bases e das decisións que sobre o mesmo tome a Xunta Directiva de INCUDE.

Onde podes pedir mais información? En incude@udc.es