Torneo amigable de Xadrez, de 12,00 a 13,00 na Praza.
Ao estilo do que se fai no Día da Ciencia na Rúa.
E para os interesados, INCUDE organiza unha excursión.
Saída dende o Centro Universitario de Riazor. Sábado 7 de xullo. Todo o día dende as 9,30.
Colaboración coa festa do asalto ao castelo de Vimianzo (www.asaltoaocastelo.org)
INCUDE fará unha presentación do seu xogo Irmandiños, e haberá ás 11,30 un torneo de partidas rápidas de xadrez e de Clash Royale.
Cota: Actividade libre (se hai xente interesada poñeríamos un bus por 15 euros).
Anotacións en: incude@udc.es