Luis Carlos Martínez Ramos faleceu con 80 anos.
Dende a creación do CIDU en 1994 Luis Carlos Martínez foi unha das súas caras mais coñecidas, e participou en numerosos campionatos de España representando á Universidade da Coruña.
Profesor na Escola de Empresariais o seu paso pola subdirección dese centro foi a principal causa de que o xadrez universitario empezara a contar cun espazo no edificio da escola, mantido despois do traslado da mesma e a conversión en Centro Universitario de Riazor.
Se hoxe o CIDU conta con ese espazo como se se debe, en boa medida, á decisións tomadas por Luis Carlos.
Aínda que nos últimos tempos a súa súde decaera moito aínda non hai tanto que acudiu a unha proxección sobre o seu compañeiro no equipo de xadrez do Deportivo, Domingos Merino, exalcalde da cidade.
Queda suspendido o torneo previsto para hoxe no CUR.
Este sábado día 6 ás 11,00 en Pompas Fúnebres ou 11,30 no no cemiterio de San Amaro.
DEP
Ligazon a obituario na Voz de Galicia.