CURSO 2019-2020
Ademais das clases nos diferentes centros, que cada ano van a mais, estas son as actividades previstas neste curso.
Como tódolos anos é de sinalar que a entidade está aberta a facer outros grupos sempre que haxa un mínimo de 5 participantes. Esto inclue tanto a grupos de rapaces como de maiores e pais.
Para calquera consulta ou dúbida o correo axeitado é escola@xadrezuniversitario.org
Seguramente teñamos algún grupo mais, pero polo de agora, os creados nos espazos universitarios son os seguintes:
GRUPOS
Seguimos cunha proposta de mínimos. Lembramos que pese a que temos bos resultados nos programas de deporte escolar o resto de participantes normalmente adícalle mais dunha hora á semana ao xadrez.
MÉRCORES, na Normal (Espazo de Intervención Cultural da UDC, antiga Maxisterio).
18,30 - 19,30: Grupo de Iniciación para alumnos da Universidade Senior (+55 anos).
Profesorado: Ernesto Pérez / Héctor Rodríguez
Inicio previsto: 16 outubro
Inicio previsto: 16 outubro
MÉRCORES, na Normal (Espazo de Intervención Cultural da UDC, antiga Maxisterio).
19,30 - 20,30: Grupo de adestramento en finais de xadrez (aberto a tódalas idades).
Profesorado: Ernesto Pérez
Inicio previsto: 16 outubro
Inicio previsto: 16 outubro
XOVES, na Normal (Espazo de Intervención Cultural da UDC, antiga Maxisterio).
16,00 - 17,00: Grupo de Iniciación sub12
Profesorado: Héctor Rodríguez / Ernesto Pérez
Inicio previsto: 3 outubro
Inicio previsto: 3 outubro
16,15 - 17,15: Grupo Selección Sub 12 / Alevín
Profesorado: Héctor Rodríguez / Ernesto Pérez
Inicio previsto: 4 outubro
VENRES, no CUR (Centro Universitario de Riazor, antiga Escola de Empresariais)
17,15 - 18,15: Grupo Selección Sub10 / Benxamin
Profesorado: Ernesto Pérez / Héctor Rodríguez
Inicio previsto: 4 outubro
Inicio previsto: 4 outubro
VENRES, no CUR (Centro Universitario de Riazor, antiga Escola de Empresariais)
19,30 - 20,30: Grupo adestramento sub18 / Cadete
Profesorado: Ernesto Pérez
Inicio previsto: 11 outubro
Inicio previsto: 11 outubro
NORMATIVA
1. Os grupos empezarán cun mínimo de cinco anotados. Se comunicaría nesta web a confirmación de inicio dos mesmos.
2. Como xa se indicou existe a opción de suxerir novos cun mínimo de 5 asistentes.
3. Se durante o curso o grupo deixara de ter cinco participantes o grupo deixaría de funcionar salvo que o resto do grupo pagase unha cantidade. Este pago extra tamén pode ser valorado no caso dos grupos que non reunan cinco persoas ao inicio (para catro persoas o incremento sería de 3 euros ao mes).
4. Salvo nos casos de cursos de iniciación enténdese que as actividades están encamiñadas á particicipación en torneos, polo que será obrigatoria a participación nalgunha das competicións de Xogade, Liga Galega ou torneos que dende a escola consideremos oportuno.
5. E obrigatorio contar con seguro deportivo. Este está incluído na licenza federativa que será obrigatoria para todos os participantes.
6. Ao obxecto de realizar as fichas federativas e participar en competicións a escola poderá facilitar datos do alumnado á federación Galega, Xunta e outras entidades deportivas ao obxecto de posibilitar as inscricións nas diferentes probas.
7. Do mesmo xeito a imaxe do alumnado nas clases ou nas competicións poderá ser empregada para fomentar o xadrez e documentar as actividades realizadas.
8. O pago realizarase por trimestres adiantados, salvo alumnado participante en mais dunha actividade que poderán pagar mes a mes con consulta previa ao monitor. O pago realizarase preferiblemente por transferencia á conta de INCUDE. En caso de pago en metálico será necesario solicitar recibo correspondente e conservalo durante o trimestre.
COTAS SOCIAIS DO CURSO
As cotas son similares as dos últimos tempos.
A) COTA INICIAL CURSO
Con esta inscrición está incluida a condición de socio de INCUDE (no caso de universitarios) e o pago da licenza federativa para 2020.
Cota xenérica para alumnos sen licenza federativa deste ano: 30 euros.
Cota para alumnos sub14 sen licenza federativa deste ano: 20 euros
Cota para alumnos que con licenza federativa deste ano: 15 euros.
B) COTAS PERIÓDICAS ESCOLA
Cota trimestral por unha actividade: 36 euros.
Cota trimestral por dúas actividades do mesmo alumno: 60 euros.