30/01/20

GUIA DE COMO ACLARARSE COAS ENTIDADES

Este ano, co incremento dos equipos volvemos a ter moitas preguntas sobre que é cada entidade, das moitas vencelladas á nosa actividade. Imos facer un resumo que iremos actualizando para tratar de que todos os que están na nosa organización saiban de que falamos. Se estás na actividade de xadrez debes saber que tes relación con estas entidades:

INCUDE
É a organización principal.
É unha asociación cultural e deportiva de estudantes da Universidade da Coruña.
Polo tanto a súa actividade fundaméntase na Lei de Asociacións e na Normativa de asociacións de estudantes da UDC.
Os seus directivos teñen que ser estudantes universitarios (que poden ter ou non interese no xadrez).
Nos últimos tempos Héctor Rodríguez foi o presidente e ao rematar o seu estudos de master no curso pasado tivo que abandonar a directiva. A presidencia pasou a Brais Casas (que en principio rematará os seus estudios neste curso).
A existencia desta entidade é a que permite o emprego dos espazos da UDC para as actividades de xadrez. Para un mellor control existen dúas organizacións ligadas a INCUDE.

ESCOLA UNIVERSITARIA DE XADREZ DE INCUDE
Adicada ao fomento e ao ensino do xadrez.
A súa acción vai dende rapaces á terceira idade. Dela dependen os monitores que colaboran co departamento de xerontoloxía e nos diferentes colexios.
O seu responsable é Diego Medín e o coordinador Ernesto Pérez.
A efectos prácticos dende fora non hai distinción do realizado pola Escola Universitaria e pola propia INCUDE.

CLUB DE INICIATIVAS DEPORTIVAS UNIVERSITARIAS (CIDU)
O obxectivo é a competición. O seu actual presidente é Daniel Codesido.
A súa actividade está dirixida á participar nas competicións federadas e a organizar dous torneos ao ano; o de Outono e o Aniversario.
Os equipos en 2020 son CIDU UNIVERSIDADE, CIDU CALASANZ, CIDU DOMINICOS, CIDU XUVENIL E CIDU RIAZOR PIZZAMOVIL. É importante salientar que nos torneos á hora de indicar o club ao que se pertence só hai que poñer CIDU.
En principio os integrantes deste club deben estar nalgunha das seguintes categorías:
1. Membros da Comunidade Universitaria da Coruña
2. Alumnos e monitores da Escola Universitaria de Xadrez.
3. Directivos e colaboradores da entidade.
Aínda que pode haber algunha persoa que non se inclúa nunha destas tres categorías (principalmente rapaces) a filosofía do CIDU é ser basicamente un club escola, facendo equipos con aqueles que asisten regularmente a clases.
En calquera caso para os que non queren ou non teñen tempo para ir ás clases temos outras opcións.... vémolas a continuación.

..... ENTIDADES COAS QUE MANTEMOS COLABORACION .....

Ademáis das tres indicadas moi probablemente estando na nosa actividade entres en contacto con algunha das entidades indicadas a continuación. Pero en principio as que te incumben son as do apartado anterior.

SPORTING CLUB CASINO
A súa escola está ligada á nosa, pero destinada so a socios do Sporting Club Casino.
Normalmente para a Liga non hai o mínimo de socios interesados en disputala, polo que axudamos a completalos. A actividade de xadrez no Casino a leva a S.C.D. PALAESTRA, a entidade que organiza os torneos no Centro Comercial Los Rosales e outros nas instalacións do Casino como o de entroido. O presidente de Palaestra é Ernesto Pérez.

XADREZ DAS MARIÑAS
Este club foi creado inicialmente para xuntar na competición escolar da Xunta aos rapaces do CIDU, Casino, Sigrás e Betanzos. Tense convertido nun dos referentes da competición escolar, gañando sempre nalgunha das categorías na comarca. Ten a súa sede oficial en Sada pero hai tres anos abosrveu a un dos clubes mais antigos de España; o coruñés Club de Ajedrez de Artesanos, polo tanto asumiu a súa historia e situación e dende entón compite en Liga Galega Federada. Os xogadores do CIDU que non asisten a clases foron pasando aos seus equipos. Tamén lle prestamos alguns xogadores para completalos. A efectos prácticos cando falamos do deporte escolar da Xunta, Xadrez das Mariñas é a nosa marca. O presidente é Francisco Javier García.

ASOCIACION GALEGA DE AXEDRECISTAS (AGAX)
AGAX é o referente organizativo ao cordinar as entidades anteriores e ademais organizar directamente actividades ao longo do ano. Algúns estarán familiarizados con ela e outros non en función de se xogan algun dos seus torneos. Edita os libros de xadrez que damos ás veces en actividades, os folletos de iniciación e as planiñas de anotación das partidas que veredes en diferentes clubes. No CIDU empregamos as súas camisolas á espera de facer as nosas. As súas clases de xadrez nos colexios da Coruña as leva agora a nosa escola, como proba piloto da posible expansión. O seu presidente é Ernesto Pérez.