ANIVERSARIO DO CIDU
Seguimos coas actividades de remate deste 2020. A actividade ten a condición de adestramento / partidas amigables federadas, polo que é obrigatorio contar coa licenza federativa de 2020.
ASPECTOS ESPECIAIS POLA COVID
Será de aplicación a normativa de prevención antiCOVID de adestramentos da Federación Galega de Xadrez. As seguintes normas tamén serán de aplicación en tanto complementan algunhas das anteriores e non as limitan.
1. É obrigatorio levar posta unha máscara en todo momento. Non estará permitido comer ou beber na sala de xogo.
2. É obrigatorio o uso do xel na entrada da sala. Así mesmo deberá usarse sempre que as mans entren en contacto con superficies non desinfectadas e especialmente tras tocar as pezas manipuladas anteriormente polo rival (no caso das capturas). Polo tanto cada xogador debe levar un frasco de xel.
3. Será obrigatorio o uso da alfombra desinfectante colocada á entrada sa Sala de Xogo.
4. Os xogadores non permanecerán na sala de xogo mais tempo do necesario para xogar a partida. Polo tanto non haberá análise posterior. Tampouco poderán pasear pola sala.
5. Os xogadores non deberán darse a man ao inicio ou fin da partida.
6. Antes de entrar na sala medirase a temperatura dos participantes.
7. Os aspectos aqui expostos poden verse complementados, antes e durante o torneo co fin de garantir na medida do posible unha actividade segura.

1. Participantes.
Poderán participar nesta proba os xadrecistas que o desexen. Só haberá 16 prazas, que deberán contar con licenza federativa.
2. Modalidade.
Xogaranse cinco partidas en sistema suizo.
3. Ritmo de xogo.
Haberá 15 minutos de tempo por xogador.
4. Lugar.
Centro Comercial Los Rosales
Xogaranse cinco partidas en sistema suizo.
3. Ritmo de xogo.
Haberá 15 minutos de tempo por xogador.
4. Lugar.
Centro Comercial Los Rosales
5. Horario.
1ª Rolda:
1ª Rolda:
17,30 / 2ª Rolda: 18,00 / 3ª Rolda: 18,30 / 4ª Rolda: 19,00 / 5ª Rolda: 19,30
Dentro da sala de xogo hai dous espazos diferenciados que alternaranse para facilitar a desinfeción do material de xogo.
6. Premios.
Trofeo para os tres primeiros clasificados.
6. Premios.
Trofeo para os tres primeiros clasificados.
Todos os anotados recibirán un pequeno bote de xel.
Tamén recibirán un vale para unha pizza a empregar os días 29, 30 ou 31 de decembro no Pizza Movil de Manuel Murguía.
7. Inscricións.
A inscrición é de 3 euros.
Prégase traer a cantidade exacta.
Como en anos pasados solicitamos unha doazón de alimentos non perecedeiros.
Como en anos pasados solicitamos unha doazón de alimentos non perecedeiros.
(en anos anteriores ó destinatario foi o Banco de Alimentos https://www.facebook.com/balrial/posts/1522154844589289)
A ligazón de inscrición atópase mais abaixo.
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Advertencia 1: Os participantes (ou os seus titores) autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa aparición nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.
Advertencia 2: Os participantes recibirán un correo confirmando a inscrición co documento de aceptación de risco dacordo cos protocolos anti-COVID presentes na páxina da Federación Galega de Xadrez.
PREME PARA ANOTARSE