25/06/21

CURSO FINAIS ELEMENTAIS

Para os interesados lembramos que estes días poden anotarse no Torneo Universitario Lóstrego que vai celebrarse este sábado 26 ás 17,00 horas na Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos.

A actividade a organizamos en colaboración coa Asociación Hercle. Debes apuntarse na súa web www.hercle.org

Aproveitamos para propoñer o Curso de Finais Elementais de Xadrez.

A celebrar de luns a venres dende o día 5 ao 9 de xullo no Centro Universitario de Riazor de 11,00 a 14,00.

Para calquera idade. Obrigatorio estar federado ou ser alumno da UDC.

Este curso basearase no libro Finais elementais de xadrez, editado por AGAX e que recibirán os asistentes.

Como complemento empregarase o cuaderno de finais básicos da Federación Española de Xadrez e o libro "Los 100 finales que hay que saber"

Temario da semana

Luns 
1 - Mates básicos
O mate de dama - O mate de torre - O mate de dous bispos - Introducción ao mate de bispo e cabalo
2 - A oposición básica
3 - Rei e peón contra rei
Rei afastado do seu peón - Rei protexendo o seu peón
Martes
4 - Rei e dous peóns contra rei
Peóns ligados - Peóns illados - Peóns dobrados
5 - Rei e peón contra rei e peón
Peóns na mesma columna - Peóns en columnas adxacentes - Peóns pasados
Mércores
6 - Rei e dama contra rei e peón en sétima
7 - Rei e torre contra rei e peón
Rei do bando con torre sen intervención - Rei do bando con torre con intervención
Xoves
8 - Rei e torre contra rei e dous peóns
Peóns unidos - Peóns non unidos
9 - Rei, torre e peón contra rei e torre
Posicións básicas de táboas - Dominación vertical - Dominación horizontal - O peón de torre
Venres
Repaso e avaliación

Grupo mínimo: 4. Grupo máximo: 6

Inscricións: Por whatsapp no 654 60 37 16

Prezo do curso: 50 €
Os asistentes recibirán unha camisola de xadrez e o libro empregado como manual.

18/06/21

TORNEO SEMIRRAPIDAS

Despois de moitos meses de parón imos organizar para a vindeira semana o Torneo Universitario de Semirrápidas.

Farémolo con todas as precaucións posibles, deixando que só 6 persoas estean na sala do CUR que xa empregamos no mes de decembro.

Datas de xogo: 21, 23 e 25 de xuño. 19,00 - 20,00 horas. Partidas a 15 minutos.

Centro Universitario de Riazor. Almirante Lángara, s.n. A Coruña.

Para membros da Comunidade Universitaria e Antigos Alumnos.

Inscríbete en: incude@udc.es


09/06/21

XADREZ E MAIORES

O Departamento de Xerontoloxía acaba de remitirnos o artigo publicado tras a nosa iniciativa de empregar o xadrez como preventivo de problemas cognitivos e valorar dun xeito científico.

Como entidade universitaria estamos encantados destas primeiras aproximacións e dos que virán en canto a COVID o permita.

Moitas grazas ao Departamento de Xerontoloxía por darlle vida á nosa proposta. 

07/06/21

Vitoria no circuito para Roiandroll

O Circuito de Primavera rematou o pasado venres coa vitoria no torneo de ramiro72, que liderou o circuito varias xornadas, pero que se veu rebasado nas últimas por RoiandRoll, que xa gañara o circuito de Inverno.

RoiandRoll e o nick en chess.com de Rodrigo Pena, alumno de socioloxía.

A clasificación final tras as seis probas que conformaban o Circuito foi a seguinte:

Coa celebración deste torneo, rematamos os circuitos online do curso 2020-2021, nos que celebramos os Circuitos de Outono, Inverno e Primavera. Grazas a todos os que xogaron nalgún dos torneos e agardamos seguir con esta actividade no curso 2021-2022 pero xa de xeito presencial, como faciamos antes da COVID.

Lembramos que está aberto o prazo para para participar no II Torneo de xadrez na modalidade 960, actividade que é restrinxida só para membros da comunidade universitaria da Coruña.

01/06/21

ULTIMA PROBA DO CIRCUITO DE PRIMAVERA

O próximo venres rematará o Circuito de Primavera.

En principio en INCUDE non temos prevista a realización de mais circuitos ata o inicio do Circuito de Outono en outubro ou novembro.

Tras o torneo do pasado venres os resultados impulsan a RoiandRoll á primeira praza, reforzada polo feito de que o anterior lider non foi quen de puntuar, o que deixa a ramiro72 ante a necesidade de gañar ou quedar segundo e que roiandroll non puntue.

Clasificación actual:


Último torneo. Venres 4 ás 21,29.