TORNEO DE OUTONO ESCOLAR
Este venres remataremos o Torneo de Outono Escolar que veu desenvolvéndose nas últimas semanas.
CIRCUITO DE OUTONO
Última rolda do circuito. O pasado venres tivemos o penúltimo torneo con esta clasificación, unha liga a dobre volta co seguinte resultado:
1. Martín Hervada
2. Ernesto Pérez
3. Rodrigo Pena
4. Daniel Codesido
TORNEO DE ANIVERSARIO
1. Participantes.
Poderán participar nesta proba os xadrecistas que o desexen. Só haberá 16 prazas, que deberán contar con licenza federativa.
2. Modalidade.
Xogaranse cinco partidas en sistema suizo.
3. Ritmo de xogo.
Haberá 15 minutos de tempo por xogador.
4. Lugar.
Centro Comercial Los Rosales
Xogaranse cinco partidas en sistema suizo.
3. Ritmo de xogo.
Haberá 15 minutos de tempo por xogador.
4. Lugar.
Centro Comercial Los Rosales
5. Día e Hora.
Sábado 18 de decembro
Sábado 18 de decembro
1ª Rolda: 17,30 / 2ª Rolda: 18,00 / 3ª Rolda: 18,30 / 4ª Rolda: 19,00 / 5ª Rolda: 19,30
6. Premios.
Trofeo para os tres primeiros clasificados.
Trofeo para os tres primeiros clasificados.
7. Inscricións.
Inscrición de balde. Como en anos pasados solicitamos unha doazón de alimentos non perecedeiros.
A ligazón de inscrición atópase mais abaixo.
ASPECTOS ESPECIAIS POLA COVID
Será de aplicación a normativa de prevención antiCOVID de adestramentos da Federación Galega de Xadrez. As seguintes normas tamén serán de aplicación en tanto complementan algunhas das anteriores e non as limitan.
1. É obrigatorio levar posta unha máscara en todo momento. Non estará permitido comer ou beber na sala de xogo.
2. É obrigatorio o uso do xel na entrada da sala. Así mesmo deberá usarse sempre que as mans entren en contacto con superficies non desinfectadas e especialmente tras tocar as pezas manipuladas anteriormente polo rival (no caso das capturas).
3. Será obrigatorio o uso da alfombra desinfectante colocada á entrada sa Sala de Xogo.
4. Os xogadores non permanecerán na sala de xogo mais tempo do necesario para xogar a partida. Polo tanto non haberá análise posterior. Tampouco poderán pasear pola sala.
5. Os xogadores non deberán darse a man ao inicio ou fin da partida.
6. Antes de entrar na sala medirase a temperatura dos participantes.
7. Os aspectos aqui expostos poden verse complementados, antes e durante o torneo co fin de garantir na medida do posible unha actividade segura.

- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Advertencia 1: Os participantes (ou os seus titores) autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa aparición nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.
Advertencia 2: Os participantes deberán achegar asinado o documento de aceptación de risco dacordo cos protocolos anti-COVID presentes na páxina da Federación Galega de Xadrez.
TORNEO MARATON
Diferentes torneos alternos o luns 27 de decembro. Se estás na Coruña ven pasar a tarde botando partidas de xadrez.
1. Participantes.
Poderán participar nesta proba os xadrecistas que o desexen. Poderán ser universitarios ou externos, neste caso deberán contar con licenza federativa.
2. Modalidade.
Distintos torneos de xadrez intercalados.
3. Ritmo de xogo.
Haberá torneos con ritmo 3'+2'', 5 finish e 10'+3''.
4. Lugar.
Centro Universitario de Riazor
Distintos torneos de xadrez intercalados.
3. Ritmo de xogo.
Haberá torneos con ritmo 3'+2'', 5 finish e 10'+3''.
4. Lugar.
Centro Universitario de Riazor
5. Día e Hora.
Luns 27 de decembro
Luns 27 de decembro
6. Premios.
Trofeo para o primeiro clasificado.
Tamén para o primeiro universitario que terá o trofeo do XXXI Torneo Universitario.
7. Inscricións.
Inscrición de balde. Como en anos pasados solicitamos unha doazón de alimentos non perecedeiros.