28/01/22

Xuntanza previa á Liga

Hoxe venres 28, como temos pechado o CUR pola festividade de Santo Tomás imos facer unha xuntanza preliga no Centro Comercial dos Rosales (planta superior).

Aproveitaremos para botar unhas partidas ao xadrez e a pasapezas e avanzar na configuración dos equipos para a Liga Galega que se non hai novidade empezará o sábado 12 de febreiro.

Quen sexa mellor hoxe levara o trofeo Imbolc.

Imbolc é unha das catro principais festas do calendario celta, e celebrçabase na noite do 31 de xaneiro ao 1 de febreiro. Era unha festa no medio do inverno. En varios sitios derivou á Candeloria. Unha festa da luz, reflectindo os días cada vez máis longos e a esperanza da primavera. Na antiga Roma celebrábase as "Lupercales", cunha procesión con candeas acendidas de noite. 

A festa do Imbolc é un culto de tipo agrario no que valorábase a función produtiva, coincidindo tamén coa chegada do período de lactación das ovellas, aprestas a dar a luz na primavera, así que é tradición comer queixo e produtos lácteos, e beber leite.

A festividade parecía estar dedicada á deusa Brigit, señora da mediciña, as artes e a profecía cristianizada en Santa Brígida, a segunda patroa de Irlanda. 

Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra; que chore, que deixe de chorar, mitá do inverno está por pasar.

Venres 28 de xaneiro
20,00
Centro Comercial Los Rosales.
Para alumnado da Univesidade da Coruña e socios do CIDU