04/02/22

Circuito de Inverno

Empezamos hoxe venres os torneos do Circuito de Inverno.

Lembra mirar o calendario da Liga de Xadrez que publicamos esta semana por se es membro dalgún dos equipos ou queres participar.

Circuito de Inverno.

Como noutros cursos será unha serie de torneos de partidas rápidas a disputar no Centro Universitario de Riazor os venres ás 20,15.

Días de xogo: 4, 11 e 18 de febreiro e 4, 11 e 18 de marzo

Dada a participación do torneo de Imbolc do venres pasado, esta vez, ou polo menos este venres a participación estará reservada a membros da comunidade universitaria da Coruña e xogadores do club, para evitar ter un número grande de xogadores na actual situación COVID.

A cota de participación é de 1 euro. O campión de cada día recibirá un pequeno detalle. O campión do circuito levará un trofeo. Todos os asistentes recibirán unha máscara FFP2 cada día.

Na sala de xogo non se poderá comer nin beber e a máscara debe estar colocada en todo momento.

Para participar achegate ao Centro Universitario de Riazor, na rúa Almirante Lángara (fronte a Casa da Auga).