29/12/23

Finalizamos o ano no CUR

Este venres realizaremos o peche do ano 2023.

De 19,30 a 20,30 realizaremos un torneo de pasapezas (a ver se esta vez resulta) e teremos aberta mais tempo para os que desexen botar algunha partida.

A actividade é de balde.

Importante: Nos tres primeiros días de 2024 teremos que informar dos equipo cos que imos competir na Liga Galega que comezará en febreiro.

Así que informade da vosa disponibilidade e tamén estes días veredes os cambios anuais nos grupos de whatsapp.

Agardamos que 2024 sexa bo para todos!

15/12/23

Novo Venres no CUR

Este venres de novo actividade no CUR.
Lembra que todas as semanas temos actividades no CUR (A Coruña) e Campus de Esteiro (Ferrol).

Hai uns días tivemos ocasión de competir en Porto nos Galaico Durienses e en poucos días temos que decidir os equipos para a próxima Liga Galega de Xadrez.

Queres participar con nos?

Programación para hoxe:

De 19,30 a 20,30 realizaremos un Torneo Suizo reservado para os menores de 18 anos (admitimos como máximo aos nados en 2005).

VENRES 15. TORNEO ESCOLAR

De 20,30 a 21,30 realizaremos un Torneo Suizo para todos os interesados.

VENRES 15. TORNEO LOSTREGO

24/11/23

Venres no CUR

Para os socios e comunidade universitaria da UDC hoxe venres estaremos no Centro Universitario de Riazor.

Será de 19,30 a 21,30

Como sabedes dende hai poucos días o horario conta con horario ampliado polo que agardamos facer algunha actividade mais extensa en próximos datas.

13/11/23

Resultados Torneo Aniversario Odeón

O pasado sábado organizamos o Torneo de Aniversario co Centro Comercial Odeón.

O vencedor foi o sub14 Sergio Diniz, xogador do club local e que xa quedara segundo na edición do ano pasado.

O mellor universitario foi Rubén Arrojo, no sétimo posto, polo que é o campión universitario de rápidas do curso 2023-2024.

Grazas a todos por participar e agardamos publicar en breve a nosa actividade para decembro.

Polo demais os socios e universitarios poden acudir os mércores as clases con Iago Soto ás 18,00 e os venres ás actividades a partir das 19,30 no Centro Universitario de Riazor.

Lembra seguinos nas redes sociais como Instagram e Facebook para coñecer rápido as nosas actividades.

Clasificación final:

12Diniz Lopez, SergioESP4,514.515.00.09.517720NARON
24Rodriguez Tojeira, Jose AngelESP4,011.013.00.08.016360TUI
35Codesido Sanchez, DanielESP3,59.512.00.07.516200CIDU
47Lopez Vazquez, GonzaloESP3,59.512.00.07.514150CIDU
51Caneiro Couto, Juan ManuelESP3,012.017.50.010.017880NARON
63Regueiro Garcia, Isaac RafaelESP3,011.014.00.08.516540TORREON
79Arrojo Longa, RubenESP3,010.014.50.09.012670CFX
86Soto Paino, IagoESP3,09.011.50.07.016030CIDU
910Estrada Romero, ErickESP3,07.012.00.07.011680CIDU
1014Esparrago Roson, PabloESP2,57.513.00.08.500CIDU
1111Rodriguez Collazo, ZoeESP2,07.014.50.09.011250TDFC
1212Marcote Gonzalez, MarcoESP2,06.012.50.08.011030SADA
1317Rodriguez Collazo, MarESP2,06.011.00.07.000TDFC
1413Fernandez Canon, VictorESP2,05.011.50.07.510300SADA
158De La Pena Llerandi, AdolfoESP2,05.09.50.06.013480PADRON
1618Rodriguez Vicente, LucasESP1,03.011.00.07.000ETX
1715Gonzalez Bustabad, UnaiESP1,02.08.50.05.500NARON
1816Lagares Da Silva, DanteESP0,00.012.00.07.500NARON

09/11/23

Actividade na Fin de semana

Venres 10: Temos pendente a celebración do Torneo de Pasapezas (o Campionato do Mundo) que será esté venres ás 20,30 no Centro Universitario de Riazor.

Sábado 11: No Centro Comercial Odeón temos o Torneo Aniversario e tamén o XXXII Torneo Universitario de Rápidas.

Ademais destas actividades lebra que temos xornadas de adestramento nos dous Campus.

05/11/23

Liga de Outono por Equipos

Este venres 3 de novembro tivemos a Liga de Outono por equipos no CC Los Rosales. Nesta edición tivemos 4 equipos e cada equipo estivo formado por 3 xogadores.

Os equipos e integrantes foron os seguintes:

1. Xadrez das Mariñas (Florencio González - Ruperto García - Félix García)

2. Mirko (Alberto Sánchez - Óliver Sánchez - Marco Marcote)

3. Xadrez das Mariñas Segundo equipo - José Manuel Andión - David Pérez - Adrián Quevedo)

4. Combinado (Ahmed Bouras - Luis Patiño - Daniel Codesido)

Os resultados foron os seguintes

Primeiro desempate: Puntos de cada taboleiro (entre paréntese)

Segundo desempate: Encontro directo

Gañou o Xadrez das Mariñas Segundo equipo por vencer no encontro directo contra o Combinado.

03/11/23

Torneos de Outono

Por un fallo o formulario de inscrición permaneceu aberta unhas horas mais do previsto e aceptaronse todas as solicitudes.

Pero xa quedou pechado e ao longo da tarde publicaremos as listaxes en info64

Lembrade que se se pode participar ata cubrir o aforo de 32 nos Torneos Absoluto e Lóstrego deste sábado ou vir aos torneos por equipos e de pasapezas desta tarde.

E tedes xa as bases do Torneo Odeón que se vai realizar o sábado 11 en Narón.

02/11/23

Torneo ODEON – Aniversario do CIDU

Torneo ODEON – Aniversario do CIDU
XXXI Torneo Universitario Rápido

O sábado 11 de novembro realizaremos un dos nosos torneos de aniversario. Nesta ocasión no Campus de Ferrol, no Centro Comercial Odeón e co apoio da Deputación da Coruña. Contaremos tamén coa colaboración do Club Xadrez Narón. O torneo é válido para ELO FIDE. Advírtese que no espazo de xogo haberá o ruido normal dun centro comercial. 

Modelo do Torneo:
Sistema Suixo a 5 roldas.
Ritmo de 10’+3’’
Desempates por sorteo tras a derradeira rolda.

Participantes:
Poden participar un máximo de 32 xogadores, que conten con licenza federativa en vigor.
Aqueles interesados sen licenza poden preguntar aos organizadores para a súa tramitación.
A inscrición é gratuíta. Solicitamos aos asistintes un quilo de comida (pasta ou arroz).
Terán preferencia na incrición os membros da Universidade da Coruña.
Igoalmente terán preferencia os xogadores do Club Xadrez Narón, CIDU e socios de AGAX.

Horarios estimados:
Presentación: 17,00
Primeira Rolda: 17,30
Segunda Rolda: 18,00
Terceira Rolda: 18,30
Cuarta Rolda: 19,00
Quinta Rolda: 19,30
Peche: 20,00

Premios: Haberá trofeo para o primeiro clasificado e para o mellor membro da comunidade universitaria, que levará o trofeo do XXXI Torneo Universitario de Rápidas. Todos os participantes recibirán un pequeno agasallo. 

Inscrición a través do seguinte formulario: PREME

CONSIDERACIÓNS FINAIS

Advertencia 1: Os participantes nas probas autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 2: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

01/11/23

Últimas horas para inscribirse

Lembramos que este xoves día 2 remata o prazo para inscribirse nos Torneos de Outono.

Este prazo poderá ser ampliado se non se chega ao máximo de participación previsto, pero non nas categorías promoción.

Así que non agardedes moito para anotaros.

25/10/23

Mércores no CUR

A partir de hoxe iniciamos actividades de xadrez para a comunidade universitaria e socios do CIDU os mércores ás 18,00.

Será no Centro Universitario de Riazor na sala pequena da asociación.

Encragarse das clases Iago Soto, presidente dende hai uns días de INCUDE.

21/10/23

TORNEOS DE OUTONO - CAMPIONATO MUNDO PASAPEZAS

CAMBIO: Dentro dos Torneos de Outono unha vez mais facemos o chamado "Campionato do Mundo de Pasapezas".

BASES DO TORNEO.

DATA: 
CAMBIO: Venres 10 de novembro de 2023.

LOCAL DE XOGO:
CAMBIO: Centro Universitario de Riazor
Almirante Lángara
15011 A Coruña.

HORARIO:
De 20,30 a 21,30.

SISTEMA DE XOGO E RITMO:
En función do número de anotados establecerase un sistema de Liga ou Suizo.
O ritmo será de 5'

PREMIOS
Trofeo para a parella gañadora.

COTAS E INSCRICIONS
A participación no torneo é de 1 euro.

Advertencia 1: Os participantes nas probas autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 2: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

TORNEO DE OUTONO - CIRCUITO PROMOCION

Este ano facemos unha modificación na liña dos Torneos de Outono que se van celebrar na primeira fin de semana de novembro e que teremos como principal novidade que o torneo estará dentro do XVI Circuíto Promoción da Federación Galega de Xadrez, no tocante as categorías sub8, sub10, sub12 e sub14, como xa fixéramos no Torneo Aniversario que abriu o dito circuíto.

O primeiro Torneo de Outono naceu en 1992 coas Ligas de Outono que derivaron na actual Copa Galicia, dende hai retomamos tamén unha proba por equipos e o popular "Campionato do Mundo de Pasapezas"

Para a actividade imos contar co apoio da nosa entidade matriz; a asociación de estudantes da UDC INCUDE e tamén do Centro Comercial Los Rosales que nos deixará os espazos que emprega a SCD Palaestra. A actividade non sería posible sen a axuda anual do Concello da Coruña. A todos eles expresarlles o noso maior agradecemento.

BASES DO TORNEO DE OUTONO -  CIRCUITO GALEGO DE PROMOCION.

DATA: 
Sábado 4 de novembro de 2023.

LOCAL DE XOGO:
Centro Comercial Los Rosales - 1ª Planta.
Rda. de Outeiro, 419 - 15011 A Coruña.

HORARIO:
Presentación: 11,00 - 11,20
1ª Rolda: 11,30
2ª Rolda: 12,30
3ª Rolda: 13,30
4ª Rolda: 17,00
5ª Rolda: 18,00
6ª Rolda: 19,00
Entrega de trofeos estimada: 20,00 a 20,30.

SISTEMA DE XOGO E RITMO:
Xogarase por sistema suizo a seis roldas.
O ritmo será de 15' + 3''
O emparellamento realizarase polo sistema VEGA.
Os xogadores poden solicitar non ser emparellados sempre que o fagan ao inicio da rolda anterior.

ARBITRAXE E DIRECCION DO TORNEO:
O director e árbitro do torneo será o presidente do CIDU, Daniel Codesido.
Aplicarase o regulamento de partidas disputadas sen a supervisión axeitada. 
Serán necesarias tres xogadas ilegais para a perda da partida. 
Non se dará tempo extra polas xogadas ilegais.

DESEMPATES:
Os sistemas de desempate serán sorteados tras a derradeira rolda.

XOGADORES E CATEGORIAS:
Poderá participar calquera xadrecista sub14 que teña licencia federativa en vigor. 
Os participantes do torneo xogarán nas seguintes categorías dacordo a súa idade:

Sub8 ou Prebenxamin. Nados en 2015 ou seguintes.
Sub10 ou Benxamin. Nados en 2013 e 2014.
Sub12 ou Alevín. Nados en 2011 e 2012.
Sub14 ou Infantil. Nados en 2009 e 2010.

As ditas categorías contarán para o Circuito Promoción da Federación Galega de Xadrez

PREMIOS
En cada categoría: Trofeo para os cinco primeiros. Medalla para o resto de participantes.
Adaptándonos á norma do Circuíto Promoción, en vez de ter un agasallo a maiores para todos realizaremos un sorteo entre os participantes.

Para a recepción dos premios será obrigatorio a asistencia ao acto de clausura e entrega de premios.

COTAS E INSCRICIONS
A participación no torneo é gratuíta. 
Agadecemos a doazón por parte dos xogadores dun quilo de arroz ou pasta para as accións sociais.
O máximo de participantes por categoría será de 50. 
O máximo de participación estabrécese en 120. Estamos traballando na ampliación deste número, que se avisaría en próximas datas 
A data tope para anotarse será o xoves 2 de novembro.
A inscrición realizarase mediante o seguinte formulario electrónico:

 (ou cubrir abaixo)

CONSIDERACIONS FINAIS

Advertencia 1: Nesta mesma web aparecerán publicados torneos distintos, como o torneo amigable absoluto para a mesma data, pensado en parte para os acompañantes que desexen estar entretidos.

Advertencia 2: Os participantes nas probas autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 3: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden modificar e ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

TORNEOS DE OUTONO

Estes son os Torneos de Outono deste 2023

1. TORNEO DE OUTONO POR EQUIPOS

2. TORNEO DE OUTONO. PASAPEZAS

3. TORNEO DE OUTONO PROMOCION

4. TORNEO DE OUTONO - ANIVERSARIO C. C. LOS ROSALES

5. TORNEO DE OUTONO LOSTREGO

Se vas participar nalgunha das probas, recorda que tes a túa disposición a cafetería Nordés con esta carta:

TORNEOS DE OUTONO - LIGA POR EQUIPOS

Dentro dos Torneos de Outono unha vez mais facemos o torneo por euipos.

BASES DO TORNEO.

DATA: 
Venres 3 de novembro de 2023.

LOCAL DE XOGO:
Centro Comercial Los Rosales - 1ª Planta.
Rda. de Outeiro, 419 - 15011 A Coruña.

HORARIO:
De 19,30 a 20,30.

SISTEMA DE XOGO E RITMO:
Equipos formados por tres xogadores, que disputarán un torneo por sistema de Liga.
O ritmo será de 5'

PREMIOS
Trofeo para os tres primeiros equipos.

COTAS E INSCRICIONS
A cota de participación no torneo consistirá nun quilo de arroz ou pasta por cada participante.
A data tope para anotarse será o xoves 2 de novembro.
A inscrición realizarase mediante o seguinte formulario electrónico:

CONSIDERACIONS FINAIS

Advertencia 1: Nesta mesma web aparecerán publicados torneos distintos para estes dous días.

Advertencia 2: Os participantes nas probas autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 3: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

TORNEO DE OUTONO ABSOLUTO

O Torneo de Outono na súa categoría absoluta coincidirá co torneo promoción.

BASES DO TORNEO DE OUTONO
XXVII ANIVERSARIO CENTRO COMERCIAL LOS ROSALES.

DATA: 
Sábado 4 de novembro de 2023.

LOCAL DE XOGO:
Centro Comercial Los Rosales - 1ª Planta.
Rda. de Outeiro, 419 - 15011 A Coruña.

HORARIO:
Presentación: 12,00 - 12,20
1ª Rolda: 12,30
2ª Rolda: 13,30
3ª Rolda: 17,00
4ª Rolda: 18,00
5ª Rolda: 19,00
Entrega de trofeos estimada: 20,00 a 20,30.

SISTEMA DE XOGO E RITMO:
Xogarase por sistema suizo a cinco roldas.
O ritmo será de 15' + 3''
Os xogadores poden solicitar non ser emparellados sempre que o fagan ao inicio da rolda anterior.

ARBITRAXE E DIRECCION DO TORNEO:
O director do torneo será o presidente do CIDU, Daniel Codesido.
O árbitro principal será Ernesto Pérez.
Aplicarase o regulamento de partidas disputadas sen a supervisión axeitadas. 
Non se dará tempo extra polas xogadas ilegais. Dúas xogadas ilegais suporán a perda da partida.

DESEMPATES:
Os sistemas de desempate serán sorteados tras a derradeira rolda.

XOGADORES:
Poderá participar calquera persoa que o desexe. 

PREMIOS
Trofeo para os tres primeiros. Trofeo para o mellor da UDC.
Haberá un pequeno libro de agasallo para todos os participantes que finalicen o torneo. 
Para a recepción dos premios será obrigatorio a asistencia ao acto de clausura e entrega de premios.

COTAS E INSCRICIONS
A cota participación no torneo será de 2 euros. 
O máximo de participantes será de 32.
A data tope para anotarse será o xoves 2 de novembro.
Terán preferencia na inscrición os xogadores do CIDU.
A inscrición realizarase mediante o seguinte formulario electrónico:

CONSIDERACIONS FINAIS

Advertencia 1: Nesta mesma web aparecerán publicados torneos distintos, baixo a denominación de "Torneos de Outono".

Advertencia 2: Os participantes nas probas autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 3: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

TORNEOS DE OUTONO - LOSTREGO

A modalidade dos torneos lóstrego dos Torneos de Outono terá lugar o sábado 4. É compatible cos outros torneos xa que se disputa de 16,00 a 17,00, previo ás roldas da tarde.

BASES DO TORNEO DE OUTONO - MODALIDADE LOSTREGO.

DATA: 
Sábado 4 de novembro de 2023.

LOCAL DE XOGO:
Centro Comercial Los Rosales - 1ª Planta.
Rda. de Outeiro, 419 - 15011 A Coruña.

HORARIO:
Presentación: 11,00 - 11,20
1ª Rolda: 16,00
2ª Rolda: 16,10
3ª Rolda: 16,20
4ª Rolda: 16,30
5ª Rolda: 16,40

SISTEMA DE XOGO E RITMO:
Xogarase por sistema suizo a cinco roldas.
O ritmo será de 3' + 2''

ARBITRAXE E DIRECCION DO TORNEO:
O director do torneo será o presidente do CIDU, Daniel Codesido.
O árbitro será Ernesto Pérez.
Aplicarase o regulamento de partidas disputadas sen a supervisión axeitada. 
Serán necesarias dúas xogadas ilegais para a perda da partida. 
Non se dará tempo extra polas xogadas ilegais.

DESEMPATES:
Os sistemas de desempate serán sorteados tras a derradeira rolda.

XOGADORES:
Poderán participar calquera xadrecista que teña licencia federativa en vigor. 

PREMIOS
Trofeo para os tres primeiros.
Agasallo para todos os participantes.
Para a recepción dos premios será obrigatorio a asistencia ao acto de clausura e entrega de premios.

COTAS E INSCRICIONS
A participación no torneo será de 2 euros. 
Só poderán particpar 32 xogadores. Terán preferencia na inscrición os xogadores do CIDU.
A data tope para anotarse será o xoves 2 de novembro.
A inscrición realizarase mediante o seguinte formulario electrónico:

CONSIDERACIONS FINAIS

Advertencia 1: Nesta mesma web aparecerán publicados torneos distintos nestas datas con distintas modalidades.