29/03/23

Resultados Escolares

A pasada fin de semana tivemos a segunda rolda dos torneos do programa Xogade da Xunta de Galicia.

En anos anteriores sempre competíamos xunto a outros clubes (Betanzos, Sigrás e Casino) baixo a denominación Xadrez das Mariñas.

Este ano ademais desta cooperación presentamos dous equipos propios no Xogade da Coruña e estes foron os resultados dos equipos nos que tivemos representación.

Xogade Coruña. CIDU Benxamin.

O CIDU dos pequenos liderou o torneo ata a última rolda, á que chegou cunha ventaxe de dous puntos que se evaporou no último momento. En calquera caso moi destacada a actuación do equipo formado por tres xogadores do Calasanz; Alfonso, Antonio e Darío e dous do CEIP Prácticas: Roque e Estevo.

Por equipos o primeiro clasificado foi o TDFC con 18,5 puntos e segundo o CIDU con 17,5.

O terceiro foi o Liceo La Paz con 13 puntos. Importante salientar que o vencedor individual do torneo decidiuse na última partida entre dous xogadores da nosa escola en Calasanz; Xabi e Antonio. Xabi xoga co equipo do seu pai, o TDFC e este punto resultou decisivo. 

Os mellores do noso equipo foron Antonio con 5 puntos que foi 4º e Estevo con 4,5 que foi 6º. O resto do equipo estivo moi ben e obtiveron 4 puntos cada un, nos postos 7º, 8º e 9º. Moi boa actuación do noso equipo que ao ser segundo só podería pasar de rolda por renuncia do TDFC ou por ser o mellor segundo dos distintos grupos.

Actualización: A Xunta confirma o pase do noso equipo Benxamin por ser o segundo do torneo con mais participantes.

Xogade Coruña. CIDU Alevín.

En categoría Alevín o noso equipo estaba formadao por tres xogadores do Dominicos; Sergio, Nico e Adrián e un cuarto do CEIP Pardo Bazán; Yago (casualmente o seu pai é exalumno de Dominicos).

O resultado foi moito mellor do agardado, xa que se participabaMOS con 4 xogadores xustos e calquera baixa ou ausencia deixaríanos fora. Pero Yago e Sergio lograron vencer nas seis parridas que disputaron e Nico con 3,5 e Adrián con 3 puntos lograron xuntar con 18,5 puntos, 2,5 puntos por diante do Franciscanos e 5,5 puntos por diante do Santa María do Mar que foi terceiro.

Yago foi por desempate o primeiro do torneo, Sergio o 2º. Nico fo 13º e Adrián 18ª Por ser primeiros este equipo xa está directamente clasificado á fase comarcal que se disputará a catro taboleiros o sábado 29 de abril en Vila Concepción (Cambre)

Xogade As Mariñas. Categoría Bemxamín.

No equipo dos pequenos tiñamos a un xogador de Pardo Bazán; Antonio e un de Dominicos; Andres. Acompañaban no equipo a xogadores de Casino (Hugo) e Betanzos (Pablo e Hugo). Aínda que non temos queixa da actuación dos nosos representantes o equipo quedou de cuarto de oito equipos. Especial mención ao sétimo posto de Antonio. 

Xogade As Mariñas. Categoría Alevín.

O cambio de normativa deste ano facía que os nosos representantes estiveran divididos en dous equipos. Xoan, do Dominicos e Rubén e Pablo de Calasanz, compartiron equipo con Diego RF (Casino), Guillermo (Sigrás) e Angel (Betanzos).  

No outro equipo Victor e Teo do Pardo Bazán compartiron equipo con Pablo e Diego (Casino) e Carmen (Betanzos).

Mirko foi o primeiro equipo e a continuación quedaron os nosos dous conxuntos, Os xogadores que mais puntuaron foron Pablo e Xoan con catro puntos, nos postos terceiro e cuarto respectivamente.

Xogade As Mariñas. Categoría Infantil.

Un equipo no que colaborabamos con Roque e Aldara do Dominicos e que eran acompañados por xogadores de Betanzos (David e Angel) e Sigrás (Iván).

Aínda que chegábamos ás últimas partidas sen moitas posibilidades unha serie de boas actuacións e ausencias dos rivais levounos ao primeiro posto con 13 puntos, dous mais que o segundo Sada e 7 mais que o Perillo. Roque logrou tres puntos e Aldara dous.

Este é o outro equipo que participará na fase comarcal o día 29 de abril.

Estamos agardando pola decisión de que equipo é repescado (depende do número de xogadores en cada centro) e agardamos que ao CIDU Alevín e Xadrez das Mariñas Infantil se engada un equipo mais.