16/08/23

XXXIII TORNEO UNIVERSITARIO

Do curso 2022-2023 queda por celebrar o torneo de lentas e imos facelo conxuntamente coa Copa González March que organiza o Sporting Club Casino.

BASES COPA GONZALEZ MARCH 2023 - XXXIII TORNEO UNIVERSITARIO

Organizan: Sporting Club Casino e INCUDE.

Datas: Do luns 4 ao venres 8 de setembro de 2023.

Horario de xogo: O primeiro día a presentación será ás 18,30. Horario das partidas: 19,00 horas.

Local de xogo: Sporting Club Casino. Real 83 – A Coruña. 

Sistema de xogo: Suízo a 5 roldas 

ELO: O torneo será válido para ELO standard.

Ritmo de xogo: 60´+ 30” 

Horario de clausura: Venres 8 de setembro as 21,30 horas aproximadamente. 

Emparellamentos: Serán realizados polo programa VEGA. 

Participación: 

1. Será necesario contar con licenza federativa en vigor.

2. Haberá un máximo de 32 participantes.

3. Reservado a xogadores con ELO inferior a 2200.

Inscricións:

A cota será de 10 euros. 

Os alumnos da UDC xogadores do CIDU terán bonificada a cota nun 50%.

A inscrición realizarase a través do seguinte formulario:

PREME

O prazo permanecerá aberto ata o 31 de agosto ou ata que se complete o aforo previsto.

O pago realizarase durante a primeira xornada de xogo.

Desempates: a sortear tras a derradeira rolda entre criterios escollidos na primeira rolda. 

Premios: 

1º posto: Trofeo e 90 euros.

2º posto: Trofeo e 65 euros.

3º posto: Trofeo e 40 euros.

4º posto: 20 euros.

1º clasificado socio do Sporting Club Casino: 20 euros.

1º clasificado da Universidade da Coruña: Trofeo.

Todos os participantes recibirán unha taza cun motivo de xadrez como agasallo.

E obrigatoria a presencia na clausura para recoller o premio. 

Director do torneo: Ernesto Pérez Ramil.

Árbitro do Torneo: Francisco Javier García Veiras.

Comité de Competición: As decisións arbitrais tomadas polo árbitro principal ou polo director do torneo como auxiliar poderán ser reclamadas ante o Comité de Competición formado polo director, o árbitro e tres xogadores escollidos por sorteo, dos cales un será membro do equipo federado do Sporting Club Casino.

Actividades complementarias: A organización marcará diversas actividades para as horas previas en cada unha das roldas.

Aspectos varios:

A inscrición no torneo supón a aceptación destas bases e a autorización para publicar datos persoais e/ou fotografías nos diversos medios de difusión e comunicación que a organización considere oportunos para a mellor divulgación do torneo e dos seus resultados.

Para o non especificado nestas bases aplicarase o regulamento da FIDE. 

En caso de xogadores que se inscriban e non asistan ou ben abandoen o torneo a organización vetará a súa participación en calquera outro torneo organizado polas entidades convocantes nos próximos dous anos.

A organización reservase o dereito de admisión e o dereito a modificar as bases do torneo sen outro requisito que a súa publicación na web.