1. Poderán participar todos os membros da comunidade universitaria da UDC: estudantado, persoal de administración e servizos, persoal de proxectos e convenios, e persoal docente e investigador. Do mesmo xeito, poderán participar tamén os socios de INCUDE e CIDU, e os alumnos egresados da Universidade da Coruña.
2. A plataforma de xogo será www.chess.com. Os participantes deberán ter unha conta na devandita páxina, completamente gratuíta, e poderán xogar as partidas tanto vía web como a través das aplicacións gratuítas para móbil existentes.
3. O torneo dará comezo o 1 de marzo de 2024. Todos os participantes deberán ser mebros do equipo UDC (https://www.chess.com/club/udc). De non ser membro poden enviar un correo electrónico a incude@udc.es indicando o seu nome, apelidos, centro/servizo e usuario en chess.com
4. A inscrición é gratuíta e non hai límite de prazas.
5. O sistema de xogo será de dobre round-robin (todos contra todos con ambas cores), cunha fase previa de grupos e unha posterior fase final, en función do número de participantes.
6. O ritmo de xogo será de dous días por xogada para toda a partida, sen dereito a vacacións.
7. Os sistema de desempate será o habitual en chess.com.
8. A organización resérvase o dereito de adxudicar o resultado dunha partida se cre que se está alongando de xeito malintencionado evitando innecesariamente a finalización do torneo.
9. Non está permitido empregar módulos, bases de finais, ou consultar a outros xogadores. Si están permitidos libros de aperturas ou libros de calquera outra temática tanto físicos como virtuais. As decisións da plataforma de chess.com con respecto as trampas son inapelables. Se a organización entende que un xogador está a empregar módulos, este será expulsado do torneo.
10. Premios: Trofeo para o primeiro clasificado. Taza do Club para os tres primeiros.
11. A participación no torneo supón a aceptación das presentes bases.