Na Liga Galega de Xadrez gañaron os dous equipos de maiores; o CIDU UNIVERSIDADE e o CIDU INCUDE (este último enfrentábase cun dos líderes da división) e perdeu o CIDU RIAZOR, formado polos rapaces das escolas, aínda que conseguiu 1 dos catro puntos en xogo contra os seus rivais do Macondo, formado todo por persoas maiores.
Mais importante a actuación no programa Xogade da Xunta de Galicia.
O venres o único equipo que presentamos na fase coruñesa o CIDU INFANTIL gañaba a dita fase local tras impoñerse a Escola Técnica de Xadrez.
O domingo moitos dos nosos xogadores foron cedidos como outros anos ao Xadrez das Mariñas que disputa a fase en Cambre e tras a disputa da primeira rolda o equipo conxunto vai liderando a categoría infantil e agardamos que o próximo domingo teñamos tamén boas novas deste Xogade que se disputa en Cambre. Na clasificación individual xogadores nosos están invictos na categoría infantil e no Torneo Sub8 que se celebra ao mesmo tempo.