20/05/24

Situación da Combinada - Maratón

Os Torneos do Aniversario van a ir creando unha combinada que conformará os premios do Maratón formado por estes torneos.

Como vai funcionar o Maratón?
Os primeiros clasificados de cada torneo recibirán 3, 2 e 1 puntos segundo a súa orde en cada proba. Nas probas por categorías estes puntos serán dados en cada categoría. Nos torneos de categoría única só os tres primeiros da clasificación.
Ao remate da serie dos torneos os tres primeiros recibirán un trofeo conmemorativo.

Que probas forman parte?
Campus Coruña
Torneo por categorías: Aniversario (1 de maio)
Torneo categoría única lóstrego: Letras Galegas (17 de maio)
Campus Ferrol
Torneo por categorías: Cariño (13 de xullo) 
Torneo categoría única lóstrego: Odeón (29 de xuño)
Outras probas:
Torneo categoría única lóstrego: Asalto ao Castelo Vimianzo (6 de xullo)
Estamos pendentes da confirmación de dúas probas mais.

É unha aposta forte do noso club por levar o xadrez a distintos puntos da provincia.

Tras a celebración de dous torneos o mellor clasificado é o noso xogador Iago Soto.