06/05/24

Terceiros no provincial

O pasado sábado o noso equipo CIDU-Infantil competiu na fase final do programa de xadrez escolar Xogade.

Un equipo formado polos mesmos catro xogadores dende a fase local; Gonzalo do Calasanz, Franco do Rafael Dieste e os irmáns Sergio e Adrián do FESD-Santo Domingo.

Un terceiro posto que non está nada mal tendo en conta cos maiores do equipo empezaron a competir no xadrez hai menos dun ano e que os outros dous son de primeiro ano da categoría e ascendido da categoría inferior, polo que aínda poderá participar nesta proba dous anos mais.

Ademais o terceiro posto foi empatado a puntos co segundo e a só medio punto do primeiros, que mostra a gran rivalidade existente nesta categoría superior do xadrez escolar.

Adeamais o noso conxunto foi o único equipo da cidade da Coruña que logrou clasificarse para esta fase final.

Para o vindeiro curso agardamos presentar mais equipos como CIDU e no inicio do curso xa comentaremos as distintas opcións para preparar os escolares.

En calquera caso noraboa para os nosos catro xogadores por este resultado.