26/05/24

XXXII UNIVERSITARIO LOSTREGO - ODEÓN

Tras os dous torneos do Campus da Coruña imos cos seguintes que serán no Campus de Ferrol e en Vimianzo. O seguinte será xa a nosa terceira colaboración co Centro Comercial Odeón, que acollerá o XXXII Torneo Lóstrego da UDC o sábado 29 de xuño. Igoalmenmte agardamos contar coa axuda anual da Deputación da Coruña. A todos eles expresarlles o noso maior agradecemento.

BASES DO XXXII UNIVERSITARIO LOSTREGO - TORNEO ODEÓN.

DATA: 
Sábado 29 de xuño de 2024.

LOCAL DE XOGO:
Centro Comercial Odeón.
Narón.

HORARIO:
Presentación: 17,00-17,25
1ª Rolda: 17,30
2ª Rolda: 17,45
3ª Rolda: 18,00
4ª Rolda: 18,15
5ª Rolda: 18,30
Entrega de trofeos estimada: 18,45.

SISTEMA DE XOGO E RITMO:
Xogarase por sistema suizo a cinco roldas.
Válido para ELO FIDE
O ritmo será de 5' + 3''
Non se dará tempo extra polas xogadas ilegais.

DESEMPATES:
Os sistemas de desempate serán sorteados tras a derradeira rolda.

XOGADORES E CATEGORÍAS:
Poderán participar calquera xadrecista que teña licencia federativa en vigor. 
Todos os xogadores formarán unha única categoría.
Por ser un torneo a cinco roldas cumpriremos co máximo recomendado de 32 xogadores.

PREMIOS
Trofeo para os tres primeiros clasificados.
Trofeo para o mellor membro da Universidade da Coruña, que será o campión do XXXII Torneo Universitario Lóstrego.
Libro e pequeno agasallo para todos os asistentes.
Para a entrega dos premios será obrigatorio a asistencia ao acto de clausura e entrega de premios.

COTAS E INSCRICIONS
De balde. Teñen preferncia ata o 10 de xuño os participantes nos torneos anteriores dos días 1 e 17 de maio. 
A inscrición realizarase mediante o seguinte formulario electrónico:


OUTROS TORNEOS DO ANIVERSARIO
En 2024 seguiremos coa liña de ampliar os torneos do aniversario, os participantes en cada torneo contarán para unha proba combinada.
Outros torneos previstos actualmente:
TORNEO ASALTO AO CASTELO (Vimianzo). 6 de xullo. Válido para ELO FIDE en ritmo lóstrego.
TORNEO EN CARIÑO. 13 de xullo. Torneo por categorías.

CONSIDERACIONS FINAIS

Advertencia 1: Os participantes nas probas autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 2: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.