11/06/24

TORNEO ASALTO AO CASTELO

Neste 2024 ademais dos dous torneos do Campus da Coruña e dos dous do Campus de Ferrol imos facer da nosa actividade no Asalto ao Castelo de Vimianzo o outro punto forte desta programación.

Para a actividade imos contar co apoio dos organizadores desta espectacular festa do Asalto, da nosa entidade matriz; a asociación de estudantes da UDC INCUDE e agardamos contar coa axuda anual da Deputación da Coruña. A todos eles expresarlles o noso maior agradecemento.

Nestas actividades imos incluir por vez primeira un torneo valedeiro para ELO FIDE en ritmo lóstrego.

ACTIVIDADES PREVIAS

Como outros anos pola mañá na Praza do Concello calquera interesado pode acudir a coñecer xogos de taboleiro baseados na época medieval (especialmente o noso xogo de Irmandiños) ou participar en calquera das actividades do amplo programa desta festa.

BASES DO TORNEO ASALTO AO CASTELO.

DATA: 
Sábado 6 de xullo de 2024.

LOCAL DE XOGO:
Pavillón de Vimianzo.

HORARIO:
Presentación: 17,45-17,55
1ª Rolda: 18,00
2ª Rolda: 18,15
3ª Rolda: 18,30
4ª Rolda: 18,45
5ª Rolda: 19,15
Entrega de trofeos estimada: 19,30.

SISTEMA DE XOGO E RITMO:
Xogarase por sistema suizo a cinco roldas.
Válido para ELO FIDE
O ritmo será de 5' + 3''
Non se dará tempo extra polas xogadas ilegais.

DESEMPATES:
Os sistemas de desempate serán sorteados tras a derradeira rolda.

XOGADORES E CATEGORÍAS:
Poderán participar calquera xadrecista que teña licencia federativa en vigor. 
Todos os xogadores formarán unha única categoría.
Por ser un torneo a cinco roldas cumpriremos co máximo recomendado de 32 xogadores.

PREMIOS
Trofeo para os tres primeiros clasificados. Trofeo para o mellor universitario.
Libro e pequeno agasallo para todos os asistentes.
Para a entrega dos premios será obrigatorio a asistencia ao acto de clausura e entrega de premios.

COTAS E INSCRICIONS
Como xa indicamos no primeiro dos torneos, nos torneos de maio teremos unha pequena cota, mentres que os xa programados para xuño e xullo serán de balde.
A participación neste torneo é gratuita. 
Os xogadores participantes terán preferencia na inscrición dos demais torneos do Aniversario.
A inscrición realizarase mediante o seguinte formulario electrónico:


CONSIDERACIONS FINAIS

Advertencia 1: Os participantes nas probas autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 2: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.