En que consiste a actividade?
Grazas ao apoio da Vicerreitoría de Estudantes e da rede Muséistica da Deputación de Lugo, os interesados poden ir botar unhas partidas no xardín do Pazo de Tor (Monforte de Lemos).
Os interesados (federados ou non) deberán estar no Pazo ás 16,30, cando realizaremos un torneo (en principio suízo a cinco roldas e ritmo 5 minutos finish que podería variar en función dos interesados presentes).
A actividade non ten cota de participación e tanto participantes como acompañantes poderán ademais visitar o pazo e ver un antigo xogo de xadrez de marfil (o taboleiro do cartel tamén está no pazo).
Os tres mellores no torneo recibirán unha taza cun motivo de xadrez.
Se non coñeces o Pazo aproveita esta actividade para pasar por ali e coñecer o Pazo. Un tesouro descoñecido para moitos.