28/08/24

Torneo Aniversario

A próxima semana teremos o Torneo Aniversario de INCUDE, unha proba na que poden participar xadrecistas federadas e que é valedeira para ELO.

As bases as tes nesta outra entrada: Preme

Se queres participar aínda estás a tempo xa que a día de hoxe non chegamos ao máximo de 32 xogadores que podemos acoller na nosa sala do Centro Universitario de Riazor.

A listaxe de participantes (pode estar sen actualizar) está en: Preme

Así que se queres un plan para toda a semana de luns a venres anótate.

26/08/24

Torneo Aniversario

Lembra que dentro dunha semana inicia o Torneo Aniversario de INCUDE.
Torneo de ritmo standard valedeiro para ELO FIDE

18/08/24

Hugo Herrador gaña o trofeo ao mellor universitario

Hugo Herrador, alumno de primeiro, logrou o trofeo como mellor universitario en partidas lentas do curso 2023-2024.

Para o vindeiros curso a nosa idea é que o torneo se xogue nos venres de outubro e novembro, coa idea de ir preparando a posible participación no Campionato de España Universitario.

15/08/24

Torneo Online Rápidas

Torneo Online de Rápidas
Hoxe 15 de agosto ás 20,30
Este ano ademais do torneo de lentas, aínda en xogo, convocamos o primeiro torneo online da UDC de partidas lóstrego. Será no noso grupo de lichess aberto na seguinte ligazón:
TORNEO UDC ONLINE RAPIDAS Arena #Y2oFxqcW • lichess.org


10/08/24

Tor

Tarde interesante a do sábado pasado no Pazo de Tor. Pedro Zurano, que xa gañara a primeira edición en 2019, logrou o triunfo seguido de Daniel Codesido, José Manuel Andión, Francisco J. García, Domingo Rodríguez, Luis Rodríguez, Erik Zurano y Hugo Zurano.

O próximo ano mais.

08/08/24

Actividades de agosto e setembro

Seguimos sen parar estes días e tras a actividade no Pazo de Tor do sábado pasado, estas son algunhas das actividades que temos previstas

Torneo de Lentas
12, 13 e 14 de agosto no Centro Comercial Los Rosales.
Coincidindo co Torneo de Palaestra
Bases en https://www.xadrezuniversitario.org/2024/08/xxiv-torneo-universitario.html

Torneo Online de Rápidas
15 de agosto.
Este ano ademais do torneo de lentas, aínda en xogo, convocamos o primeiro torneo online da UDC de partidas lóstrego. Será no noso grupo de lichess aberto na seguinte ligazón:
TORNEO UDC ONLINE RAPIDAS Arena #Y2oFxqcW • lichess.org

Torneo Aniversario de INCUDE
Torneo valedeiro para ELO FIDE
Do 2 ao 6 de setembro de 2024
Bases en: https://www.xadrezuniversitario.org/2024/08/bases-torneo-aniversario-incude.html

Torneo Almirante Lángara
10 de setembro
Unha proba en lembranza do mariño que da nome á rúa onde se ubica a nosa sé, no día en que naceu hai uns cantos anos.

Xornada de Benvida
19 de setembro
A UDC convoca esta xornada para o xoves 19 de setembro. A idea será facer un torneo lóstrego no Campus de Ferrol como o ano pasado, no mesmo día e facer outro no Campus da Coruña o día 20.
Iremos ampliando información. 

07/08/24

BASES TORNEO ANIVERSARIO INCUDE

BASES TORNEO ANIVERSARIO INCUDE

Organizan: CIDU e INCUDE.

Datas: Do luns 2 ao venres 6 de setembro de 2024.

Horario de xogo: O primeiro día a presentación será ás 18,00. Horario das partidas: 18,30 horas.

Local de xogo: Centro Universitario de Riazor. Almirante Lángara s.n. 

Sistema de xogo: Suízo a 5 roldas 

ELO: O torneo será válido para ELO standard.

Ritmo de xogo: 60´+ 30” 

Horario de clausura: O último día de xogo sobre as 21,30 horas aproximadamente. 

Emparellamentos: Serán realizados polo programa VEGA. 

Participación: 

Será necesario contar con licenza federativa en vigor.

Haberá un máximo de 32 participantes.

Reservado a xogadores con ELO inferior a 2400.

Inscricións:

A cota será de 15 euros. 

Descontos acumulativos -5 euros xogadores do CIDU en 2024 ou compromiso de xogo para 2025. -5 euros alumnos da Universidade da Coruña.

A inscrición realizarase a través do seguinte formulario:

PREME

O prazo permanecerá aberto ata o 28 de agosto ou ata que se complete o aforo previsto.

O pago realizarase durante a primeira xornada de xogo.

Desempates: a sortear tras a derradeira rolda entre criterios escollidos na primeira rolda. 

Premios: 

1º posto: Trofeo e 90 euros.

2º posto: Trofeo e 65 euros.

3º posto: Trofeo e 40 euros.

4º posto: 20 euros.

1º clasificado estudante da UDC: Trofeo e 20 euros.

E obrigatoria a presenza na clausura para recoller os premios. 

Director do torneo: Ernesto Pérez Ramil.

Árbitro do Torneo: Francisco Javier García Veiras.

Comité de Competición: Non haberá Comité de Competición. As decisións do árbitro poderán ser reclamadas ante o directos do torneo que resolverá.

Actividades complementarias: A organización marcará diversas actividades en horario previa a cada rolda.

Aspectos varios:

A inscrición no torneo supón a aceptación destas bases e a autorización para publicar datos persoais e/ou fotografías nos diversos medios de difusión e comunicación que a organización considere oportunos para a mellor divulgación do torneo e dos seus resultados.

Para o non especificado nestas bases aplicarase o regulamento da FIDE. 

En caso de xogadores que se inscriban e non asistan ou se retiren sen aviso previo do torneo a organización vetará a súa participación en calquera outro torneo organizado polas entidades convocantes nos próximos dous anos.

A organización reservase o dereito de admisión e o dereito de modificar as bases do torneo sen outro requisito que a publicación na web da entidade.

06/08/24

XXIV Torneo Universitario

Como neste curso aínda non fixemos o torneo de lentas, convocamos para a vindeira semana o XXXIV Torneo Universitario.

En breve imos publicar os torneos de lentas de setembro a decembro que serán valedeiros para ELO FIDE.

BASES

Xogarase no Centro Comercial Los Rosales, conxuntamente co Torneo do Día da Xuventude da SCD Palaestra. Polo tanto poden participar universitarios e non universitarios.

Datas: Luns 12, martes 13 e mércores 14 de agosto de 2024.

Horario de xogo: Dúas roldas diarias ás 17,00 e19,00.

Local de xogo: Centro Comercial Los Rosales – A Coruña. 

Sistema de xogo: Suízo a 6 roldas ou adaptable aos xogadores inscritos. 

ELO: O torneo NON será válido para ELO.

Ritmo de xogo: 30´+ 30” 

Participación: 

1. Aberto a todos os interesados. Non será necesario contar con licenza federativa en vigor.

2. Haberá un máximo de 32 participantes.

Inscricións:

De balde.

Agradécese a entrega de comida (pasta ou arroz) para as nosas accións solidarias.

A inscrición realizarase a través do seguinte formulario:

PREME

Premios: 

O mellor mmbro da Comunidade Universitaria da UDC levará o título e a copa conmemorativa.

Ademais no torneo haberá trofeos para cada un dos tres primeiros postos absoluto e para o mellor posto en cada unha das seguintes categorías: Sub14, Sub12, Sub10 e Sub8

Aspectos varios:

A inscrición no torneo supón a aceptación destas bases e a autorización para publicar datos persoais e/ou fotografías nos diversos medios de difusión e comunicación que a organización considere oportunos para a mellor divulgación do torneo e dos seus resultados.

A organización reservase o dereito de admisión e o dereito a modificar as bases do torneo sen outro requisito que a súa publicación na web.