06/08/24

XXIV Torneo Universitario

Como neste curso aínda non fixemos o torneo de lentas, convocamos para a vindeira semana o XXXIV Torneo Universitario.

En breve imos publicar os torneos de lentas de setembro a decembro que serán valedeiros para ELO FIDE.

BASES

Xogarase no Centro Comercial Los Rosales, conxuntamente co Torneo do Día da Xuventude da SCD Palaestra. Polo tanto poden participar universitarios e non universitarios.

Datas: Luns 12, martes 13 e mércores 14 de agosto de 2024.

Horario de xogo: Dúas roldas diarias ás 17,00 e19,00.

Local de xogo: Centro Comercial Los Rosales – A Coruña. 

Sistema de xogo: Suízo a 6 roldas ou adaptable aos xogadores inscritos. 

ELO: O torneo NON será válido para ELO.

Ritmo de xogo: 30´+ 30” 

Participación: 

1. Aberto a todos os interesados. Non será necesario contar con licenza federativa en vigor.

2. Haberá un máximo de 32 participantes.

Inscricións:

De balde.

Agradécese a entrega de comida (pasta ou arroz) para as nosas accións solidarias.

A inscrición realizarase a través do seguinte formulario:

PREME

Premios: 

O mellor mmbro da Comunidade Universitaria da UDC levará o título e a copa conmemorativa.

Ademais no torneo haberá trofeos para cada un dos tres primeiros postos absoluto e para o mellor posto en cada unha das seguintes categorías: Sub14, Sub12, Sub10 e Sub8

Aspectos varios:

A inscrición no torneo supón a aceptación destas bases e a autorización para publicar datos persoais e/ou fotografías nos diversos medios de difusión e comunicación que a organización considere oportunos para a mellor divulgación do torneo e dos seus resultados.

A organización reservase o dereito de admisión e o dereito a modificar as bases do torneo sen outro requisito que a súa publicación na web.