01/09/24

GRUPO INCUDE

Que é o grupo INCUDE?

Entidades creadas en torno a INCUDE para as súas distintas actividades.

INCUDE
Iniciativas Culturais e Deportivas Universitarias
Creada en 1993 é unha asociación cultural e deportiva de estudantes da Universidade da Coruña.
É a entidade principal e a súa actividade fundaméntase na normativa de asociacións de estudantes da UDC.
Os seus directivos teñen que ser estudantes da UDC en activo (que poden ter ou non interese no xadrez).
A actividade é variada aínda que é coñecida por viaxes culturais e xogos de mesa.
A súa páxina principal é: https://incude.udc.es/
e para certos proxectos tamén www.asombrate.es
O presidente actual é Iago Soto.

CIDU
Club de Iniciativas Deportivas Universitarias
O obxectivo é a competición. A súa actividade está dirixida á participar nas competicións federadas e a organizar diversos torneos ao ano.
Creado en 1994 é un dos clubes de xadrez mais representativos de Galicia, tanto por anos de funcionamento como pola súa capacidade organizativa. Sendo historicamente un dos clubes mais apoiados para estar na Asemblea da Federación Galega.
Destinado fundamentalmente á comunidade universitaria e a alumnos das nosas escolas.
A súa páxina principal é www.xadrezuniversitario.org
O presidente actual é Daniel Codesido.

ESCOLA UNIVERSITARIA
Club Escola Universitaria de Xadrez de INCUDE
Como resultado do aumento das actividades de ensino do xadrez e tras o asesoramento de asesoría e administracións chegou en 2019 a terceira entidade do grupo; un club adicado só a este propósito.
É a entidade que coordina pagos a árbitros e monitores do noso grupo e tamén doutras entidades e a única que ten persoal contratado.
A súa páxina principal tamén é www.xadrezuniversitario.org
O presidente actual é Héctor Rodríguez.

Imos crecer mais?
Efectivamente temos algún proxecto mais pero vai depender de se hai xente interesdada en levar a xestión das mesmas. En principio sería para realzar actividades que xa realiza INCUDE e darlles unha maior imporancia.

COLABORACIÓNS
Para algunhas das nosas actuacións de xadrez contamos coa axuda de tres entidades que non forman parte do xadrez universitario. As tres mais destacadas son a Asociación Galega de Xadrecistas AGAX (www.xadrez.gal), a SCD Palaestra que realiza actividades no Casino e no Centro Comercial Los Rosales (www.palaestra.net) e Xadrez das Mariñas (www.xadrezdasmariñas.org)