16/10/24

Actividades de Outono

Lembramos que este venres inicia o XXXV Torneo Universitario.

Poden disputar o torneo estudantes da Universidade da Coruña, membros do CIDU e socios de AGAX.

Para final de mes teremos distintas actividades polo Samain. Halloween. Publicaremos as bases a partir deste sábado unha vez inicie o torneo universitario.

Últimas horas para inscribirse no Torneo Universitario.

09/10/24

XXXV TORNEO UNIVERSITARIO

BASES TORNEO CAMPUS DE RIAZOR - XXXV TORNEO UNIVERSITARIO

Organizan: CIDU e INCUDE.

Datas: Venres 18 e 25 de outubro e 8, 15 e 22 de novembro de 2024.

Horario de xogo: O primeiro día a presentación será ás 19,00. Horario das partidas: 19,30 horas.

Local de xogo: Centro Universitario de Riazor. Almirante Lángara s.n. 

Sistema de xogo: Suízo a 5 roldas 

ELO: O torneo será válido para ELO standard.

Ritmo de xogo: 30´+ 30” 

Horario de clausura: O último día de xogo sobre as 21,30 horas aproximadamente. 

Emparellamentos: Serán realizados polo programa VEGA. 

Participación: 

Será necesario contar con licenza federativa en vigor.

Haberá un máximo de 32 participantes.

Reservado a xogadores con ELO inferior a 1800.

Inscricións:

A cota será de balde para os estudantes da Universidade da Coruña.

Tamén será gratuíta para os socios do CIDU e para os socios de AGAX. 

Os interesados en participar que non figuren dentro de ningunha das categorías anteriores poderán inscribirse no CIDU para participar con nos en competicións federadas ou facerse socio de AGAX (10 euros ata 31 de agosto de 2025) que non obriga a disputar a liga con ningún club en concreto e axuda a realización de torneos como estes.

A inscrición realizarase a través do seguinte formulario (última das opcións):

PREME

O prazo permanecerá aberto ata o 17 de outubro ou ata que se complete o aforo previsto.

Desempates: a sortear tras a derradeira rolda entre criterios escollidos na primeira rolda. 

Premios: 

1º posto: Trofeo.

2º posto: Trofeo.

3º posto: Trofeo.

1º clasificado estudante da UDC: Trofeo como vencedor do XXXV Torneo Universitario.

E obrigatoria a presenza na clausura para recoller os premios. 

Director do torneo: Ernesto Pérez Ramil.

Árbitro do Torneo: Francisco Javier García Veiras.

Comité de Competición: Non haberá Comité de Competición. As decisións do árbitro poderán ser reclamadas ante o directos do torneo que resolverá.

Aspectos varios:

A inscrición no torneo supón a aceptación destas bases e a autorización para publicar datos persoais e/ou fotografías nos diversos medios de difusión e comunicación que a organización considere oportunos para a mellor divulgación do torneo e dos seus resultados.

Para o non especificado nestas bases aplicarase o regulamento da FIDE. 

En caso de xogadores que se inscriban e non asistan ou se retiren sen aviso previo do torneo a organización vetará a súa participación en calquera outro torneo organizado polas entidades convocantes nos próximos dous anos.

A organización reservase o dereito de admisión e o dereito de modificar as bases do torneo sen outro requisito que a publicación na web da entidade.