20/10/24

Clases no Centro Universitario de Riazor

Iniciado o Torneo Campus de Riazor-XXXV Universitario e anunciados os Torneos de Outono só nos queda ir informando das distintas clases e adestramentos que imos ter neste curso. Estas son as primeiras que pechamos.

A actividade está destinada a calquera idade e agardamos poñer en breve en marcha a actividade para maiores, dentro das actividades de Xadrez e Saúde que levaron ao estudio do Xadrez e deterioro cognitivo co departamento de xerentoloxía (artigo en inglés).

As actividades son para calquera idade e de feito ainda que promovamos o xadrez na comunidade universitaria tamén temos escolas en colexios e somos o único club da Coruña que participou na fase provincial de Xogade.

Novembro - Decembro no Centro Universitario de Riazor.

XOVES.
Responsable: Iago Soto
Dias de actividade: Dende o xoves 7 de novembro ao xoves 19 de decembro:
Xornada previa: Resolución de dúbidas e comprobar nivel: xoves 24 de outubro.
Horarios:
17,30-18,30: Clases para os de menos experiencia. 
18,30-19,30: Clases para os que desexen competir.
Custo: 40 euros polos dous meses.  De non estar federado e non ser universitario será preciso federarse para dispor de seguro. 

VENRES
Dias de actividade: 25 de outubro, 8, 15 e 22 de novembro.
Horarios:
19,30-21,30: Podes asistir a xogar partidas libres. 
20,30-21,30: Torneos blitz de adestramento.
Está destinado a universitarios, alumnos da escola e membros do CIDU. De non estar federado e non ser universitario será preciso federarse para dispor de seguro. Os torneos realizaranse sempre que haxa cinco persoas interesadas. 
Custo: Ir simplemente a botar unas partidas é gratuíto. A cota do torneo será de 2 euros. O premio será unha camisola do CIDU e un vale de unha pizza mediana en PizzaMovil.