11/10/24

Liga de Outono

Dentro dos Torneos de Outono unha vez mais facemos o torneo por euipos.

BASES DO TORNEO.

DATA: 
Xoves 31 de outubro de 2024.

LOCAL DE XOGO:
Centro Comercial Los Rosales - 1ª Planta.
Rda. de Outeiro, 419 - 15011 A Coruña.

HORARIO:
De 20,00 a 21,30.

SISTEMA DE XOGO E RITMO:
Equipos formados por tres xogadores, que disputarán un torneo por sistema de Liga ou Suizo segundo o número de inscritos.
O ritmo será de 5' + 3''

PREMIOS
Trofeo para os tres primeiros equipos.

COTAS E INSCRICIONS
A cota de participación no torneo consistirá nun quilo de arroz ou pasta por cada participante.
A data tope para anotarse será o na mesma sala de xogo.
A inscrición realizarase mediante o seguinte formulario electrónico:

(ou cubrir abaixo)

CONSIDERACIONS FINAIS

Advertencia 1: Nesta mesma web aparecerán publicados torneos distintos, como o torneo amigable absoluto para a mesma data, pensado en parte para os acompañantes que desexen estar entretidos.

Advertencia 2: Os participantes nas probas autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 3: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden modificar e ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.