12/10/24

Torneo de Pasapezas

Dentro dos Torneos de Outono unha vez mais facemos o chamado "Campionato do Mundo de Pasapezas". Nesta ocasión será no descanso ao mediodía no Torneo de Outono.

BASES DO TORNEO.

DATA: 
Sábado 2 de novembro de 2024.

LOCAL DE XOGO:
Centro Comercial Los Rosales.

HORARIO:
Confirmación das parellas: Ata as 15,00
1ª Rolda: 16,00
2ª Rolda: 16,10
3ª Rolda: 16,20
4ª Rolda: 16,30
5ª Rolda: 16,40

SISTEMA DE XOGO E RITMO:
En función do número de anotados establecerase un sistema de Liga ou Suizo.
O ritmo será de 5' finish

PREMIOS:
Trofeo para cada un dos compoñentes da parella gañadora.

NORMATIVA:
Seguirase a normativa de AGAX sobre pasapezas. Como normas mais características:
1. Non se poden poñer pezas facendo xaques.
2. Non se pode poñer peón en primeira, sétima ou oitava.
3. O incumplimento dalgunha das anteriores normas suporá que a peza mal posta pase á parella contraria e a perda da quenda do movemento.

COTAS E INSCRICIONS
A participación no torneo é de 2 euros por cada un dos membros.
A inscrición realizarase mediante o seguinte formulario electrónico:

(ou cubrir abaixo)

CONSIDERACIONS FINAIS

Advertencia 1: Nesta mesma web aparecerán publicados torneos distintos, como o torneo amigable absoluto para a mesma data, pensado en parte para os acompañantes que desexen estar entretidos.

Advertencia 2: Os participantes nas probas autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 3: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden modificar e ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.