14/10/24

TORNEOS DE OUTONO PROMOCION

Como o ano pasado os Torneos de Outono que se van celebrar na primeira fin de semana de novembro están dentro do Circuíto Promoción da Federación Galega de Xadrez, no tocante as categorías sub8, sub10, sub12 e sub14.

O primeiro Torneo de Outono naceu en 1992 coas Ligas de Outono que derivaron na actual Copa Galicia, dende hai retomamos tamén unha proba por equipos e o popular "Campionato do Mundo de Pasapezas"

Para a actividade imos contar co apoio da nosa entidade matriz; a asociación de estudantes da UDC INCUDE e tamén do Centro Comercial Los Rosales que nos deixará os espazos que emprega a SCD Palaestra. 

BASES DO TORNEO DE OUTONO -  CIRCUITO GALEGO DE PROMOCION.

DATA: 
Sábado 2 de novembro de 2024.

LOCAL DE XOGO:
Centro Comercial Los Rosales - 1ª Planta.
Rda. de Outeiro, 419 - 15011 A Coruña.

HORARIO:
Presentación: 11,00 - 11,20
1ª Rolda: 11,30
2ª Rolda: 12,30
3ª Rolda: 13,30
4ª Rolda: 17,00
5ª Rolda: 18,00
6ª Rolda: 19,00
Entrega de trofeos estimada: 20,00 a 20,30.

SISTEMA DE XOGO E RITMO:
Xogarase por sistema suizo a seis roldas.
O ritmo será de 15' + 3''
O emparellamento realizarase polo sistema VEGA.
Non haberá posibilidade de solicitar byes

ARBITRAXE E DIRECCION DO TORNEO:
O director e árbitro do torneo será o presidente do CIDU, Daniel Codesido.
Aplicarase o regulamento de partidas disputadas sen a supervisión axeitada. 
Serán necesarias tres xogadas ilegais para a perda da partida. 
Non se dará tempo extra polas xogadas ilegais.

DESEMPATES:
Os sistemas de desempate serán sorteados tras a derradeira rolda entre os seguintes criterios:
- Bucholz total, bucholz -1, Progresivo, Número de partidas gañadas.

XOGADORES E CATEGORIAS:
Poderá participar calquera xadrecista sub14 que teña licencia federativa en vigor. 
Os participantes do torneo xogarán nas seguintes categorías dacordo a súa idade:

Sub8 ou Prebenxamin. Nados en 2016 ou seguintes.
Sub10 ou Benxamin. Nados en 2015 e 2014.
Sub12 ou Alevín. Nados en 2013 e 2012.
Sub14 ou Infantil. Nados en 2011 e 2010.

As ditas categorías contarán para o Circuito Promoción da Federación Galega de Xadrez

PREMIOS
En cada categoría: Trofeo para os cinco primeiros. Medalla para o resto de participantes.
Realizaremos un sorteo entre os participantes.

Para a recepción dos premios será obrigatorio a asistencia ao acto de clausura e entrega de premios.

COTAS E INSCRICIONS
A participación no torneo é gratuíta. 
Agadecemos a doazón por parte dos xogadores dun quilo de arroz ou pasta para as accións sociais.
O máximo de participación estabrécese en 120. 
A data tope para anotarse será o mércores 30 de outubro.
A inscrición realizarase mediante o seguinte formulario electrónico:

(ou cubrir abaixo)

CONSIDERACIONS FINAIS

Advertencia 1: Nesta mesma web aparecerán publicados torneos distintos, como o torneo amigable absoluto para a mesma data, pensado en parte para os acompañantes que desexen estar entretidos.

Advertencia 2: Os participantes nas probas autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 3: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden modificar e ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.