21/02/25

Xornada do Sábado

Lembrade que hoxe venres seguimos co Circuíto, con torneo ás 20,00 horas.

Para este sábado a actividade prevista é a seguinte:

16,00: Presentación no CUR
16,00 a 16,50: Torneo de Catro en Liña. Trofeo para o vencedor.
16,50-17,00: Foto de equipo con todos os xogadores do CIDU presentes, xoguen ou non a Liga (imprescindible traer a roupa do club).
17,00 en adiante:
Opción A: Liga Galega de Xadrez:
Agardamos que haxa mais xogadores que postos para xogar e que así mesmo os delegados poidan facer o equipo máis axeitados cos rivais presentes
CIDU UNIVERSIDADE DA CORUÑA - XDM "B' - Coruña
CIDU INCUDE PIZZA MOVIL - GALICHESS ARTEIXO B
Ademais tamén invitaremos ao CASINO a xogar contra o SIGRAS, polo que esperamos sexa unha xornada vistosa.
Opción B: Torneo de Carcasonne.
Explicación previa e torneo con trofeo.

Teremos, pois, ademais da Liga dous torneos de xogos con trofeo.

Pero ademais teremos outro trofeo máis o da Xornada Lúdica de Entroido. Este trofeo será para queb reúna máis puntos:

Por xogar o Torneo de Catro en Liña: 1 punto
Por quedar entre os cinco primeiros do Torneo anterior: 1 punto
Por xogar a Liga: 1 punto
Por gañar o encontro de Liga: 1 punto
Por xogar o Torneo de Carcasonne: 1 punto
Por quedar entre os cinco primeiros do Torneo anterior: 1 punto
Por ser o primeiro en resolver a proba de habilidade: 1 punto

Como pode que haxa un empate, o gañador decidirase nunha proba nalgún xogo de taboleiro propostos pola organización.

Ven a pasar a tarde co teu club!