11/04/25

Semana Santa

Durante a Semana Santa non teremos actividade xa que o Centro Universitario de Riazor permancecerá pechado varios días.

Pero temos dúas propostas:

Hoxe venres: No CUR a partires das 19,30 para un venres mais de xadrez para universitarios e socios do CIDU.

Durante a Semana Santa: Faremos entre socios e mebros das nosas escolas unha clasificación combinada con todas as probas que ademais de este venres realicen os nosos socios en AGAX. Podedes ver as probas en www.xogandocoxadrez.eu e daremos un trofeo para o mellor clasificado das distintas actividades de Semana Santa.

E tamén por apuntarse no Torneo Online que está aínda aceptando xogadores.

A volta destas vacacións o CUR xa estará aberto ata mais tarde así que agardamos facer bastantes probas.